A USC impulsa a creación de empresas de economía social

0

Compostela, 15 de setembro do 2020 – Fomentar a creación de empresas de economía social, que melloren a calidade de vida da sociedade, é a meta da nova aceleradora de proxectos da USC.

Esta iniciativa está dirixida a estudantes e futuros emprendedores que poderán mellorar as súas competencias e reducir o tempo de posta en marcha dos seus proxectos. A inscrición para tomar parte na aceleradora da USC pode realizarse en liña ata o 24 de setembro ou contactando a través do enderezo proxectoeusumo.usc@gmail.com. As actividades da aceleradora desenvolveranse entre o 28 deste mes e o 13 de novembro.

A USC impulsa a creación de empresas de economía socialAs persoas interesadas, á hora de formalizar a inscrición, poderán elixir entre formación en liña a través de webinars, titorías individuais, busca de financiamento ou participar nunha mostra de economía social que servirá para que empresas e emprendedores podan dar a coñecer a súa actividade.  “Os obxectivos principais desta nova aceleradora son fomentar o emprendemento a través da mellora dos coñecementos e as competencias, incentivar a creación de empresas de economía social, reducir o tempo de posta en marcha dos proxectos e favorecer o salto de escala de proxectos de economía social”, explica o profesor do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da USC e promotor da aceleradora, David Rodeiro, pertencente ao grupo de investigación Valoración Financeira Aplicada.

Este programa está dirixido, principalmente, ao alumnado universitario, ás persoas emprendedoras con proxectos de economía social, ás empresas de economía social que aposten por un salto de escala e outras empresas que queiran transformarse en entidades de economía social.

A iniciativa enmárcase no programa de actuación 2020 de Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social e que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Experiencias previas

A USC participou con anterioridade, e xunto a outros socios de Galicia e o Norte de Portugal, nun proxecto denominado ‘LACES Economía Social’. O fin último dese proxecto foi contribuír ao fomento e consolidación da economía social na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. A meta consistía en conseguir un salto cuantitativo na capacidade para xerar e consolidar emprego a través da execución de programas piloto para a competitividade e impulso de empresas de economía social no espazo transfronteirizo, e así actuar como fonte de coñecemento e innovación para lograr modernizar as estratexias de promoción e apoio a esta economía solidaria e colaborativa, favorecendo, deste xeito, a consolidación e creación de empresas e emprego de calidade na eurorrexión.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial