займ срочно

Urovesa colabora coa USC na procura dunha vacina contra o Covid19

0

Compostela, 10 de xullo do 2020 – A USC segue recadando fondos para a investigación e onte asinou un convenio coa empresa Urovesa que suporá unha axuda de 20.000 euros.

O proxecto de investigación liderado polo profesor da USC José Martínez Costas para desenvolver unha vacina contra a COVID-19 mediante micro/nano esferas de muNS-Mi, recibe esta axuda a través da campaña “Sumo Valor”. O acto tivo lugar no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS).

Urovesa colabora coa USC na procura dunha vacina contra o Covid19Metodoloxía innovadora

“Desenvolvemos e patentamos unha metodoloxía que permite programar células de calquera orixe para que constrúan micro (MS) ou nanoesferas (NS) proteicas e introduzan nelas calquera proteína de interese mediante o seu etiquetado cun tag denominado IC”, explica Martínez Costas. Estas MS funcionan como vacinas en ausencia de adxuvantes e as proteínas integradas préganse perfectamente, permitindo estruturas cuaternarias e incluso reaccións enzimáticas. “Neste proxecto pretendemos xerar microesferas que conteñan o dominio S1 da proteína S ou as proteínas M o N do SARS COV-2 e caracterizar nun modelo de rato a resposta inmune que inducen ao administrar por vía intranasal ou intramuscular”, continúa o investigador principal do proxecto. A metodoloxía está xa desenvolvida nos sistemas de expresión de baculovirus, células de mamífero e bacterias, e adaptarase ao sistema de levaduras para a súa implementación rápida en vacinas humanas. No transcurso do acto de sinatura, Martínez Costas manifestou o seu agradecemento pola “xenerosa financiación” recibida neste caso por parte dunha entidade privada, que dá impulso e “reforza o noso esforzo no desenvolvemento dunha vacina contra a COVID”.

Valor social

Justo Sierra de UROVESA deixou patente na súa intervención que “a investigación que se desenvolve na USC é un traballo de gran valor social”. Coa achega realizada, UROVESA quere contribuír á xeración de coñecemento a través de ferramentas cargadas con vocación de permanencia. “Máximo no momento actual no que avanzar no desenvolvemento dunha vacina ten tanta importancia pública ou social”, continuou. O contrato asinado coa USC para realizar esta doazón é unha decisión que se xustifica no seu valor social, dixo, na medida en que “mellora as posibilidades de superar a situación actual”.

O reitor, pola súa parte, subliñou que “o valor máis grande que temos é o coñecemento” e así se visibiliza con este tipo de proxectos. Facer investigación punteira como a que se vincula ao proxecto de Martínez Costas é relevante para mellorar as condicións de vida da sociedade. Conseguir que a iniciativa privada queira achegar o seu esforzo e apoiar esta liña de traballo é unha demostración do compromiso empresarial co desenvolvemento social e “unha manifestación que nos fai sentir arroupados no desenvolvemento da nosa misión”.

CiQUS

Alén do proxecto de Martínez Costas, o CiQUS mantén abertas outras liñas de investigación contra a COVID-19 como a liderada polo profesor Javier Montenegro, proxecto que prepara vectores peptídicos para o transporte de ARN mensaxeiro de potencial aplicación en vacinas. O director científico do centro, José Luís Mascareñas, quixo poñer o foco en que actualmente no centro hai cinco grupos implicados no desenvolvemento de antivirais ou vacinas contra a COVID-19. “A sinatura deste acordo é froito dunha longa traxectoria de traballo a prol da creación de coñecemento”, sinalou. Mascareñas reafirmou a defensa da investigación fundamental como base para desenvolvementos posteriores e agradeceu a xenerosidade de UROVESA que “representa un exemplo para outras entidades”. Concluíu afirmando que “sen coñecemento, tecnoloxía e talento non é posible progresar”.

Micromecenado

A USC puxo en marcha en novembro de 2019 o programa de micromecenado ‘Sumo Valor’ co obxecto de crear un espazo de encontro que implique a empresas, institucións e sociedade nas actividades, proxectos e servizos que desenvolve a Universidade. Esta iniciativa constitúe un “vínculo activo coa USC e un instrumento que reforza a nosa conexión coa sociedade”, explicou o reitor Antonio López. As doazóns poden formalizarse a través desta ligazón.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies