Francisco Caamaño, epidemiólogo da USC. recomenda o uso da máscara

0

Compostela, 23 de xullo do 2020 – O profesor da USC e epidemiólogo Francisco Caamaño Isorna recomenda o uso da máscara como prevención pero tamén como unha chamada de atención.

Caamaño explica que “Necesitamos manternos alerta, manter a tensión” e na situación actual, marcada por numerosos rebrotes da COVID-19, a máscara facial eríxese nunha ferramenta chave para conter o avance da pandemia e non dar pasos atrás. “A utilización da máscara en todas as situacións, na medida en que visibiliza a pandemia, axuda a controlala”, afirma Caamaño Isorna.

Francisco Caamaño, epidemiólogo da USC. recomenda o uso da máscaraLocais de ocio

Sacar a máscara facial só no intre mesmo de consumir é unha das novidades que acaba de incorporarse á vida cotiá na comunidade galega. “Debemos sacala puntualmente para consumir, pero mantela posta mentres charlamos ou participamos da conversación”, matiza Caamaño, “é fundamental que cambiemos o noso xeito de relacionarmos, non se nos pide nada imposible”, continúa. Para este profesor da USC, “o determinante é a actitude social” e subliña o importante que resulta reparar no ocio nocturno. “Hai un problema grave co ocio nocturno, tendo a crer que é incompatible coa situación epidemiolóxica actual”, explica.

Praias

A obrigatoriedade do uso da máscara facial nos areais, podendo só prescindir dela á hora de tomar o sol ou no intre mesmo do baño, é outra das máis recentes novidades en Galicia. “Cando esteamos deitados na area co noso grupo de convivintes debemos manternos a dous metros de outros grupos. Sempre que paseemos ou recibamos a alguén no noso grupo debemos poñer a máscara”, sinala Caamaño. O profesor da USC destaca que “debemos procurar minimizar o contacto estreito con non convivintes, como en calquera outra situación nesta nova normalidade”.

Transmisión

Nas últimas semanas, diversos especialistas apuntan cara a unha posible transmisión do virus polo aire. “É unha cuestión semántica. A principal vía de transmisión son as gotas, pode haber unha transmisión por aire oportunista ou por aerosois en contextos moi específicos”, matiza Caamaño. “O problema é que se falamos de transmisión por aire a maior parte da xente pensará na tuberculose, o sarampelo ou a varicela e a transmisión da COVID-19 esta moi lonxe dese mecanismo”, engade. “Probablemente en Galicia neste momento non hai transmisión comunitaria. En calquera caso, debemos estar alerta xa que a situación pode cambiar en calquera momento”, conclúe o epidemiólogo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial