A Universidade inicia a produción de xel desinfectante

0

Compostela, 24 de marzo do 2020 – A USC inicia a produción de xel desinfectante, achega ao Sergas equipos de protección individual e outro material dispoñible nos laboratorios e centros de investigación e ofrece para uso sanitario residencias universitarias de Santiago e Lugo

A USC comeza esta semana a produción de xel desinfectante en base a etanol ou alcohol isopropílico, a fin de tratar de garantir así o abastecemento deste subministro ao Sergas. A institución docente dá conta así do encargo da Administración autonómica para fabricar 9.000 litros desta solución hidroalcohólica, un lote que será distribuído nos centros sanitarios que o precisen en 18.000 envases de medio litro de capacidade cada un, segundo informou o reitor Antonio López.

Este xel desinfectante tense convertido nun material imprescindible na denodada loita emprendida para frear a expansión do COVID-19 entre a sociedade e, nomeadamente, entre os profesionais sanitarios e demais profesionais que se atopan na primeira liña de batalla co coronavirus. A produción propia por parte da USC é posible grazas ao proceso de transformación e adaptación da planta piloto de que dispón o Departamento de Enxeñaría Química na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago.

A Universidade inicia a produción de xel desinfectanteO equipo científico que se ocupará nunha primeira fase da produción deste tipo de xeles desinfectantes estará integrado por PDI e PAS das Facultades de Química e de Farmacia. Trátase dun primeiro grupo de traballo ao que nas próximas datas se unirán máis persoal doutras disciplinas, a fin de poder establecer así quendas de traballo continuadas que axilicen a elaboración deste material de protección individual fronte ao virus.

O reitor da USC, Antonio López, salientou que a fabricación destas solucións desinfectantes por parte da USC encádrase no marco da “liña de máxima colaboración que mantén a USC coa Xunta e coas autoridades sanitarias desde o comezo dunha situación excepcional, como o é este estado de alarma”.

A suspensión da docencia presencial na USC e a conseguinte habilitación de ferramentas e servizos tecnolóxicos precisos para dar continuidade a este labor formativo e para habilitar canles de contacto entre o alumnado e o colectivo de docentes, foi unha das primeiras medidas adoptadas polo goberno da USC, subliñou o reitor Antonio López, ao que tampo que reiterou a “absoluta disposición da Universidade a prestar toda a axuda posible á sociedade”.

Material de protección

Un exemplo máis desta cooperación da USC e a achega de diverso material de protección e desinfección dispoñible nos diversos laboratorios e servizos universitarios, tanto no Campus de Lugo como no de Compostela, comentou o reitor. Antonio López relatou neste senso que a USC está a achegar e poñendo a disposición do Sergas milleiros de  luvas de nitrilo, máscaras de protección individual, batas, placas e diverso material de bioloxía molecular para análise en PCR existentes nos laboratorios das facultades, escolas universitarias e demais centros e servizos de investigación da USC.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial