Compostela e a USC únense para desenvolver o proxecto Smartiago

0

Compostela, 18 de xullo do 2018 – O proxecto Smartiago, financiado con cinco millóns de euros pola Unión Europea, será desenvolto polo concello co apoio da USC para o que ambas entidades veñen de firman un convenio de colaboración.

Smartiago é unha iniciativa de fomento da compra pública innovadora, busca novas solucións para problemáticas como a recollida de lixo e tratamento de residuos, a mobilidade ou a contaminación lumínica. O convenio firmado polo alcalde, Martiño Noriega, e o Reitor da USC, Antonio López, permitirá que o concello aproveite as investigacións da universidade ao tempo que pon en valor o coñecemento que ten a institución.

SONY DSC

Martiño Noriega incidiu na importancia do programa Smartiago, que “aposta decididamente polo I+D+i (investigación, desenrolo e innovación), que non é unha simple declaración de intencións, e que pon a Compostela á vangarda do Estado no fomento da compra pública innovadora”. Pola súa banda, o reitor da Universidade de Santiago salientou “a sintonía entre as dúas institucións, e o convencemento de ambas de que a USC e o Goberno local teñen que traballar cóbado con cóbado para conseguir unha mellor prestación de servizos para a cidadanía”. Antonio López incidiu en que “é un obxectivo prioritario para a Universidade ver que as súas investigacións se acaban levando á práctica, e neste caso temos ao Concello como firme aliado para conseguilo”.

En virtude do acordo asinado ambas institucións promoverán iniciativas en que favorezan e contribúan ao desenvolvemento do Smartiago e colaborarán na identificación tanto dos retos tecnolóxicos como nas oportunidades de financiamento en convocatorias nacionais e internacionais que contribúan ao programa. O convenio, que ten unha vixencia de catro anos prorrogables por períodos sucesivos de dous anos, poderá ser desenvolvido a través de convenios específicos.

Comisión de seguimento

O convenio asinado contempla a creación dunha Comisión Mixta de seguimento que estará integrada polo concelleiro de Medio Ambiente, Convivencia e Informática, Xan Duro, e o xefe do Servizo de Informática e Innovación, Jesús Rodríguez, en representación do Concello; e polo vicerreitor de Investigación e Innovación e o director da Área de Xestión e Valorización de I+D, por parte da Universidade de Santiago.

Proxecto Smartiago

Santiago foi a primeira cidade do Estado en asinar un convenio co Ministerio de Economía para a captación de fondos europeos FEDER para o fomento da compra pública innovadora. Na primeira fase do proxecto, cun prazo estimado de catro anos, procurarase o desenvolvemento de solucións innovadoras para as tres liñas estratéxicas definidas no programa: xestión sostible e intelixente dos residuos sólidos urbanos, mobilidade intelixente sostible e alumeado ornamental intelixente para a conservación do patrimonio. O Goberno local xa ten presentadas estas liñas na Universidade de Santiago, co obxectivo de que os seus grupos de investigación traballen nas posibles solucións innovadoras. Despois da primeira fase, e se se conseguen solucións satisfactorias, o Concello implantaríaas nos servizos municipais, converténdose en primeiro cliente dos grupos de investigación e, ao tempo, en socio parceiro que cobraría royalties se outras administracións contratan as mesmas tecnoloxías.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies