Vixésimo aniversario do Ciclo Lied de Compostela

0

Compostela, 11 de setembro do 2019 – O Ciclo Lied, que organiza o concello de Santiago coa colaboración da Asociación de amigos da Ópera e a Deputación da Coruña, celebra o seu vixésimo aniversario percorrendo a historia do xénero dende Schubert

O XX Ciclo Lied inclúe tres recitais que se celebrarán no Teatro Principal os días 18, 23 e 25 de setembro ás 20.30 h. Nos tres concertos poderanse escoitar composicións de Schubert,  Debussy, Beethoven, Manuel de Falla, Jaime Ovalle ou Ernesto Halffter. Os abonos, que custan 18 euros, e as entradas por concerto, a 8 euros, pódense adquirir na plataforma www.compostelacultura.gal e na billeteira do Teatro Principal no seu horario habitual   

Tres concertos

O primeiro dos concertos celebrarase o mércores 18 de setembro ás 20.30 h. no Teatro Principal, día no que o público poderá viaxar ás raíces centroeuropeas primixenias cos principais representantes de comezos do século XIX. Deste xeito, o baixo-barítono italiano Luca Pisaroni e o pianista polaco Maciej Pikulski interpretarán lieder de Franz Schubert, Johann Friedrich Reichaedt e Ludwing van Beethoven, amosando unha escolma de partituras do momento histórico de máxima plenitude do xénero.

Ciclo Lied de Compostela

SONY DSC

O segundo dos recitais terá lugar no mesmo recinto e no mesmo horario o vindeiro luns 23 de setembro. O gran protagonista da velada será Schubert cun percorrido musical que transitará pola vida e a evolución do compositor austríaco, dende a composición de Die Schöne Müllerin (1823) até a súa Viaxe de Inverno (1827). Malia que entre ambos os dous ciclos compositivos só median catro anos, dende a óptica vivencial, trátase dun período clave na existencia e na introspección artística de Schubert, de modo que contrasta o ton optimista e fresco do primeiro ciclo lieder coa dimensión derrotista e exasperada do segundo. O concerto contará coa soprano xermana Juliane Banse, o pianista alemán Alexandre Krichel, o bailarín húngaro István Simón e o coreógrafo, tamén teutón, Andreas Heise.

O XX Ciclo Lied despedirase no Teatro Principal o mércores 25 de setembro ás 20.30 h. cunha derradeira cita que centrará o foco nos novos horizontes. Neste recital que porá o ramo ao Ciclo, a mezzosoprano María José Montiel, Premio Nacional de Música 2015 e finalista dos Premios Grammy, e o pianista canario Iván Martín, darán boa conta de composicións dos españois Ernesto Halffter, Manuel de Falla, o francés Claude Debussy, o arxentino Carlos Guastavino o venezolano Reynaldo Hahn, e o brasileiro Jaime Ovalle. Ademais, neste último concerto estrearase o Tríptico Rosaliano, do compositor galego Juan Durán, no que o autor Durán explorar a poesía rosaliana e a obra Follas Novas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial