O Rally Botafumeiro cumpre 27 edicións

0

Compostela, 8 de agosto do 2019 – Despois dun parón, e de que a nova Escudería Santiago tomara as rendas, o Rally Botafumeiro vai atopando o camiño e esta fin de semana chega a XXVII Edición.

A proba era presentada onte na sala de prensa do concello de Santiago. As concelleiras Mila Castro e Esther Pedrosa e o director de carreira do Rally Botafumeiro, Manuel Ramos, foron os encargados de anticipar os detalles da competición e o percorrido.

A proba

Este ano a cerimonia de saída terá lugar no Campus Vida para a continuación dirixirse a o parque pechado en Amio. Desde alí iniciaran a proba o venres cunha especial no Estadio de San Lázaro; este ano con saídas cada 30 segundos e dúas pasadas.  

rally botafumeiroA concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, convidou a veciñanza e visitantes a “animar os pilotos en calquera dos tramos polos que discorrerá o Rally Botafumeiro”. Serán case 300 quilómetros polos municipios de Santiago, A Estrada, Vedra, Boqueixón e Teo, dos que máis de 100 serán cronometrados.

Esther Pedrosa destacou a traxectoria dun rally “consolidado como unha das probas automobilísticas imprescindibles do ranking autonómico”, e agradeceu á Escudería Santiago ter apostado pola recuperación.

Novidades nos tramos

O director de carreira do Rally Botafumeiro, Manuel Ramos resaltou que a deste ano é unha edición con “bastantes modificacións no trazado”, esixidas pola Federación Galega de Automobilismo. “O sábado haberá tres treitos cronometrados, dos cales dous son totalmente novos. Estes tres tramos repetiranse tres veces ao longo da xornada, coa previsión de que en torno ás 21:00-21:30 horas se celebre a cerimonia de entrega de premios no recinto feiral de Amio.

Finalmente, o director de carreira anunciou que a edición de 2020 cambiará de datas, celebrándose na última semana de marzo.

Dispositivo de tráfico e seguridade

En canto ao dispositivo de tráfico, a concelleira de Mobilidade e Seguridade Cidadá en funcións, Mila Castro, indicou que por mor desta primeira etapa no ámbito de San Lázaro, entre as 19:00 e as 23:00 horas, aproximadamente, quedará cortado ao tráfico o acceso á avenida de Fernando Casas Novoa, dende a rúa de Clemente Fernández Sarela (facilitarase o acceso aos garaxes da zona) e dende a da rúa da Canteira de Arriba.

Tamén quedará cortado o acceso á avenida de Fernando Casas Novoa dende a rúa de Miguel Ferro Caaveiro, aínda que poderá usarse esta rúa para acceder ao vieiro SC-20 (avenida de Gonzalo Torrente Ballester) e viceversa, para que así non se vexan afectados os/as clientes dos establecementos hoteleiros da zona.

A concelleira apuntou tamén que seis axentes da Policía Local velarán pola seguridade no desenvolvemento da proba e polo cumprimento das normas de tráfico, tanto no entorno onde se realiza a cerimonia de saída coma nos accesos á zona de celebración do devandito tramo de carreira no ámbito de San Lázaro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial