Comeza o Feito a Man Estrella Galicia

0

Compostela, 1 de agosto do 2019 – Son xa dezaseis anos enchendo o mes de agosto de propostas distintas e sorprendentes, o Feito a Man volve un ano máis en este caso co apelido Estrella Galicia.

A marca de cervexas sempre estivo aí pero este ano móllase algo máis co Feito a Man que conta tamén coa Deputación da Coruña e o Concello de Santiago para sacar adiante unha das mellores programacións musicais do ano. Dáse a casualidade de que a concelleira de cultura de Compostela, Mercedes Rosón, ocupaba o mesmo cargo no ano 2003 cando comezou o festival.

Feito a Man 2019

Pilo Sierra estará hoxe xoves as 8 en San Paio de Antealtares

O programa foi presentado na Praza da Quintana, coa presenza de Anxeles Porto por parte da organización; o responsable de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto; a concelleira de Cultura do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, e o representante de Estrella Galicia, Guillermo Fernández.

O festival organizado pola asociación de locais Cidade Vella acollerá case 50 espectáculos de artistas de Xapón, Mozambique, Arxentina, México, Brasil, Suecia ou Surinam, alén de artistas galegos e, por suposto, tamén composteláns. Este ano incorpóranse ademais outras artes e disciplinas, como a maxia, performance, poesía, baile ou cabaré.

Feito a Man 2019

Putan Club hoxe xoves as 22.00 horas en Tras Salomé

O groso do evento recae nos concertos de pequeno formato realizados nas terrazas dos establecementos organizadores, mais tamén haberá lugar para noites con artistas de maior formato. A parte de rúas como a Vía Sacra, a rúa da Orfas, a Praza de Feixóo, Tras San Fiz de Solovio ou rúa Xelmírez; tamén haberá actuacións nas prazas de Mazarelos, San Martiño Pinario ou Cervantes. Este incorpórase un espectáculo ademais un espectáculo en Bonaval, na zona dos nichos, que será multidisciplinar.

Aqui tedes toda a programación do festival

Bandas locais e internacionais

Nestes 21 días de programación continuada, con dous ou tres concertos diarios en diferentes puntos da cidade, poderemos ver concertos de moitos xéneros musicais e tamén de distintas procedencias.

Tal e como é sinal de identidade desde o comezo da propia existencia deste festival, continuamos a promover a escena local cunha programación na que se prima o talento de proximidade. Así, poderemos escoitar bandas como Putan Club, Vudú, Blanca Cendán e Suso Alonso, Leo Burke, Manuel Gutiérrez, Pilo Sierra, The Spoonfuls e moitos outros.

Alén disto, outro dos obxectivos do festival é a descuberta de novos talentos  chegados de fóra. Así, tamén poderemos ver bandas internacionais como os xaponeses Harmonica Creams, o mozambicano Mohammed Yahya, os arxentinos Ecos e Sofía Viola, os colombianos-guineanos La Rueda, os mexicanos Lariferpol, o brasileiro Arthus Fochi, os suecos The Bongo Club ou a Clarence Bekker Band, desde Surinam.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial