займ срочно

O gañador de 3 Oscar Walter Murch participa, en Compostela, no Congreso da Sociedad Española de Neurociencia

0

Compostela, 3 de setembro do 2019 – O editor de Hollywood con 3 premios Óscar, Walter Murch, participa no Congreso da Sociedade Española de Neurociencia.

Walter Murch participou en películas como Apocalypse Now, The Godfather Part II e Parte III, The Conversation ou The English Pacient. Acude a Santiago para intervir no  18º Congreso que a Sociedade Española de Neurociencia celebra en Compostela dó 4 ao 6 de setembro.

Walter MurchO xoves día cinco terá lugar unha sesión titulada ” Parpadea e perderalo: o cerebro e a edición cinematográfica”. En ela, xunto a Murch, interverá o profesor e director da División de Neurociencias da Universidade Pablo de Olavide, José María Delgado-García; e a directora do   Neuro-Com Research Group da Universidade Autónoma de Barcelona, a doutora Celia Andreu-Sánchez. Esta sesión pretende debater sobre a unión das neurociencias e as ciencias da comunicación, incluídas no marco da neurocinemática, a través dun enfoque multidisciplinar, co obxectivo de coñecer como percibimos o cine.

A sesión terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, o 5 de setembro ás 20 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies