Borja Verea encabezará a xestora que dirixirá o Partido Popular de Santiago

0

Compostela, 24 de setembro do 2019 – A xunta directiva provincial do Partido Popular aprobou a nova xestora do PP de Santiago que presidirá Borja Verea.

Xunto a Borja Verea, integrarán o equipo Rosa Quintana, Marta González, Alejandro Sánchez-Brunete, Paula Prado, Pedro Puy e Evaristo Ben.

Borja Verea dirixirá a xestora do Pp de SantiagoTras agradecer o “gran traballo e dedicación” do ata hai unhas semanas presidente local, Agustín Hernández, os populares centráronse na reorganización do grupo municipal, con Alejandro Sánchez-Brunete asumindo a  portavocía e María Castelao ocupando o seu posto de concelleiro. “Tras a marcha de Agustín Hernández e a reorganización do grupo municipal, agora é o momento de iniciar unha nova etapa na agrupación local”, asegurou o presidente provincial, Diego Calvo.

O traballo agora centrarase na reorganización da agrupación a nivel local, para as eleccións xerais de novembro e a preparación das eleccións autonómicas.

 “Con Borja Verea facemos unha aposta importante que suma mocidade, experiencia e capacidade, xa que á fronte do partido teremos a unha persoa con total coñecemento da cidade e que, sobre todo, está disposto, con ganas e entusiasmo, a integrar un equipo gañador que merece o Partido Popular pero que, sobre todo, merecen os santiagueses”, explicou o titular provincial.

Borja Verea  Fraiz

Borja Verea naceu en Santiago no ano 1980. Licenciado en Dereito pola Universidade de  Deusto, é funcionario con habilitación nacional nas escalas de Secretaría – Intervención e Intervención -Tesourería. Pertence tamén ao Corpo Superior da  Administración Xeral da Xunta de Galicia. Aos 31 anos foi nomeado secretario  xeral técnico da Consellería de Economía e Industria.

Ademais, no Partido Popular, Verea é membro da executiva local de Santiago, da provincial e do comité executivo autonómico desde hai varios anos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial