El Corte Inglés enfróntase a unha denuncia penal por acoso no seu centro de Santiago

0

Compostela, 4 de febreiro do 2020 – El Corte Inglés enfrontase a unha denuncia penal por acoso pola que en marzo terán que declarar responsables do Centro Comercial Compostela, e da cúpula rexional, nos xulgados de Santiago.

As investigacións penais do xulgado número 3 comezan a partir das denuncias de dous ex empregados do Corte Inglés a favor dos que o Tribunal Superior de Xustiza recoñeceu a existencia de acoso laboral, moral  e sexual.

Sentencias claras do TSXG

Os traballadores denunciantes son parella. O presunto acoso sexual cara á muller levou a un presunto acoso laboral e moral contra o marido cando pediu a dirección da empresa que actuara.

As sentencias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non deixan dúbidas sobre o sucedido. No caso da muller a sentenza di na exposición dos feitos que  “la conducta del codemandado y la permisividad de la empresa, generaron un clima, determinante de los acontecimientos posteriores, que encaja en la amplia definición de acoso sexual”. Continúa describindo as consecuencias dos feitos na demandante “Los bienes de la integridad moral y física protegidos por la  Ley de Prevención de Riesgos Laborales , además de los de la intimidad, libertad sexual y dignidad, fueron asimismo violentados por tal conducta, pues la desazón moral y la enfermedad psíquica surgen en la demandante como efecto normal de la presión y humillación a que fue sometida por la cadena de acontecimientos en que estuvo inmersa y su publicidad”. Seguindo coa lectura, por se non quedara claro, vese que era o que sucedía cada día no traballo “concluyendo en el informe la evidencia de situaciones y comentarios molestos, humillantes de contenido sexual, cometarios obscenos y proposiciones de carácter sexual directas e indirectas, tocamientos, gestos obscenos , roces innecesarios”.

A outra sentenza, a do marido, une ambos casos ao considerar moi importante a relación de parella no que pasou. A sentenza di que “Se trata de una conexión entre la situación laboral del trabajador recurrente y la situación laboral de su esposa que no es en absoluto baladí en el análisis jurídico en cuanto si valoramos la situación laboral del trabajador recurrente aisladamente de la situación laboral de la esposa podemos llegar a conclusiones erróneas. Tal conexión, como se verá a lo largo de nuestra fundamentación jurídica, es determinante para valorar la existencia tanto de acoso moral como de acoso discriminatorio”.

Xuízos por vir

Este mércores comeza o xuízo por acoso sexual contra o ex xefe de planta do centro de Santiago do que parte todo o conflito. O sindicato CIG expresaba onte nunha nota de prensa o seu desexo de que se emitira unha sentenza que ““sexa exemplar para que tanto o Corte Inglés como o resto das empresas tomen nota e comecen a tomarse en serio as situacións de acoso que, por desgraza se producen no día a día no mundo laboral”.

Non remata con este xuízo o caso xa que o pasado 15 de xaneiro o xulgado de instrucción nº 3 de Santiago abría unha investigación polos feitos, a raíz dunha denuncia presentada en decembro polos afectados. Como primeira medida convocou a finais de mes aos ex traballadores que sufriron o acoso, e a finais de marzo aos responsables locais e rexionais do Corte Inglés. Tres, dos catro convocados, están xa fora da empresa aínda que a saída foi posterior aos feitos; o cuarto segue sendo parte da dirección rexional do Centro Comercial.  .

O membro da Executiva Federal da CIG, Roberto Alonso, dicía ao respecto que “resulta lamentable que a día de hoxe o Corte Inglés siga sen recoñecer a gravidade dos feitos e que a solución para as vítimas tivese que ser rescindir a súa relación laboral diante da inacción da empresa”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial