A Xunta de Goberno de Santiago aproba a reforma de Clara Campoamor

0

Compostela, 10 de setembro do 2019 – Unha das promesas electorais do Psoe faise realidade coa aprobación en Xunta de Goberno da reforma do vial Clara Campoamor.

O acceso a nova estación de autobuses desde Clara Campoamor foi un dos motivos de debate durante a campaña. Agora o novo equipo de goberno presenta unha reforma que incorpora ao deseño un carril especializado para autobuses e taxis.

reforma do vial Clara Campoamor.A intervención permitirá adaptar este vieiro para facilitar o acceso á terminal de autobuses integrada na futura estación intermodal. Afectará a un tramo cunha lonxitude de 800 metros e parte dos terreos adxacentes, cunha superficie total aproximada de 19.000 metros cadrados. O orzamento máximo desta obra é de 1.563.864,94 euros (IVE incluído) e o prazo de execución de cinco meses.

Tal como explicou o alcalde, Sánchez Bugallo, “Os autobuses entrarán pola avenida de Lugo, baixará polo carril exclusivo e sairán por ese mesmo carril, pero en dirección á glorieta de Pontepedriña”, indicou. Outro dos cambios é que o carril bici pasará a estar do lado das Brañas de Sar, “impedindo dese xeito que se crucen co tráfico viario”.

reforma do vial Clara Campoamor.

SONY DSC

Bugallo apuntou tamén que se vai aproveitar esta intervención para tomar as medidas que permitan derivar moito do tráfico que agora pasa por Pontepedriña pola avenida de Santiago de Cuba e o túnel do Hórreo. Neste sentido, apuntou que favorecen a ese cometido as medidas xa tomadas por Fomento para acceder ao túnel dende Conxo e dende a avenida de Lugo.

Estes carrís estarán flanqueados a ambos lados por beirarrúas, que serán algo máis estreitas do lado paralelo ao carril bus e máis amplas no lado pegado ás Brañas de Sar. A circulación nos tres carrís para automóbiles estará limitada a 30 Km/h, algo que facilitará o “calmado” do tráfico, necesario para a transición destes carrís de Clara Campoamor coa praza e zona de preferencia peonil que servirá para conectar o Ensanche co barrio de Pontepedriña.

O rexedor indicou que agora se comunicarán estes cambios aos responsables da EDUSI, programa con financiamento europeo no que está incluída esta intervención, e se encargará a redacción dos pregos de licitación. Fixou a primeira quincena de decembro como data para convocar o concurso e o mes de xaneiro para o inicio das obras, coa meta de telas rematadas o 1 de agosto de 2020.

Integración dos Camiños

Tamén en materia de infraestruturas viarias, a Xunta de Goberno acordou poñer a disposición da Axencia Galega de Infraestruturas o viario e os espazos municipais afectados pola realización das obras de integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago que esta vai executar. Trátase de tres intervencións para mellorar as entradas da ruta xacobea na cidade, dúas no Camiño Francés e unha no Camiño Portugués.

Alumeado de Nadal

Outro dos acordos da Xunta de Goberno foi a apertura do procedemento para contratar o alumeado de Nadal 2019, cun tipo de licitación de 217.800 euros (IVE incluído).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial