Compostela dará bonos de 50 euros para alimentación

0

Compostela, 24 de marzo do 2020 – A Xunta de Goberno Local de Santiago de este luns aprobou a creación de bonos de comida para repartir entre as familias máis necesitadas.

O concello destina, para eses bonos, 10.000 euros en grandes cadeas e 2.500 para as tendas de barrio. Os establecementos interesados en unirse a esta iniciativa, deben porse en contacto co Departamento de Servizos Sociais do Concello, ou ben directamente, segundo sinalou o rexedor, ou ben a través do 010.

Para as persoas que vivan soas o bono será quincenal e para as familias poderá ser semanal. “Os bonos repartiraos Servizos Sociais, e os comercios débeno gardar, e ir grapando unha copia dos bonos de compra. A final de mes, presentará unha liquidación do consumo realizado, e o Concello aboaralle a cantidade que corresponda”. 

Compostela dará bonos de 50 euros para alimentación

Imagen de Selling of my photos with StockAgencies is not permitted en Pixabay 

ORA

Outro dos acordos tomados, e solicitado por toda a oposición na xunta de portavoces da semana pasada, foi a gratuidade, a partir de hoxe martes, de todas as zonas ORA do termo municipal. Quedan fora de esta decisión os aparcamentos situados na contorna da Praza de Abastos. En total manteranse, explicou, 101 prazas de pago, 17 delas de uso compartido para carga e descarga, nas zonas de Virxe da Cerca, Travesía da Universidade, Fonte Seca, Entrepraciñas, praza da Universidade, Mazarelos e San Fiz de Solovio.

Continuidade de servizos municipais

O alcalde tamén explicou que se deron ordes de continuidade a diferentes servizos municipais, que se prestarán nas “condicións que sexa posible facelo”. Entre eles, conserxería e limpeza dos centros de educación infantil e primaria, as escolas infantís, Escola Municipal de Música e o Centro Xove de Creación Cultural; o servizo de lacería; ou o servizo de mantemento, vixilancia e limpeza de campos de fútbol e instalacións deportivas. “Haberá outros servizos –engadiu- que serán avaliados nunha reunión extraordinaria da Xunta de Goberno prevista para o vindeiro mércores.

Máscaras

A preguntas dos xornalistas o alcalde sinalou que o Concello non dispón de material para facer mascariñas “aínda que estamos moi agradecidos a todas as persoas que se ofreceron para facelas”. Sobre o subministro de material para os servizos de emerxencia, cualificouno como “un problema xeral. Temos algunhas mascariñas que nos permitirán distribuílas esta semana entre o persoal que está en contacto máis directo público: Protección Civil, Policía Local, UMAD e determinados servizos que están nunha situación de risco máis evidente”. Hai feitos, dixo o rexedor, algúns encargos que en principio garanten que a principios do venres da semana que vén dispoñamos de material nunhas cantidades máis importantes”. O alcalde agradeceu o material doado entre outros, por servizos odontolóxicos ou por comerciantes da comunidade chinesa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial