A Xunta de Goberno de Santiago inicia a licitación da rehabilitación da Finca do espiño

0

Compostela, 3 de setembro do 2019 – A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou, entre outros temas, o inicio do procedemento de licitación da rehabilitación do palacete da Finca do Espiño.

O Secretario da Xunta, Sindo Guinarte, foi o encargado de informar dos asuntos aprobados. A licitación das obras da Finca do Espiño sae cunha cuantía de 1.283.799,99 euros (IVE incluído).

O proxecto de rehabilitación do palacete foi adaptado tras resolverse o contrato para a execución das obras, que fora adxudicado en 2015 en base a un proxecto que non se axustaba á realidade do estado do edificio. As modificacións incorporadas ao proxecto teñen que ver co cumprimento da normativa vixente en materia de protección da estrutura contra o lume, ampliación da xestión dos residuos e mellora dos sistemas de arriostramentos das fachadas. Ademais acordouse simplificar o sistema de climatización previsto no edificio. A introdución das modificacións supuxo un incremento do custo duns 400.000 euros.

Outros temas

Tamén en materia urbanística, o Goberno municipal adxudicou o contrato das obras de reposición de legalidade nos números 9 e 11 da rúa de García Prieto, por un importe de 221.430 euros (IVE incluído).

Outro procedemento en proceso de licitación é o da explotación da cafetería da Granxa do Xesto. Neste caso, a Xunta de Goberno acordou deixar deserta a licitación iniciada o 10 de maio, por falta da documentación técnica e económica esixida nos pregos nas propostas dos dous licitadores presentados. Ábrese un novo procedemento, formalizando invitación aos dous interesados, concedendo un prazo de 5 días hábiles para a presentación de ofertas. Establécese un canon anual de 4.964 euros e unha concesión por un período de tres anos. A instalación debería ter un horario de 12:00 a 20:30 horas de marzo a setembro, e de 12:30 a 18:30 horas de outubro a febreiro.

Programas socioculturais

Ademais, abriuse a licitación do desenvolvemento de dous programas socioculturais: o de teatro comunitario, cun tipo de licitación de 32,125,5 euros (IVE incluído), e o de saúde, por 47.949,28 euros (IVE incluído).

Convenios deportivos

Finalmente, deuse conta da sinatura de varios convenios entre o Concello e entidades deportivas: con Special Olympics Galicia, por 2.500 euros; con El Correo Gallego, para o desenvolvemento da 42ª edición da Carreira Pedestre, por 12.000 euros; coa Federación Galega de Atletismo, para a 2ª Milla Urbana Portas de Compostela, por 10.000 euros; coa Federación Galega de Judo e Disciplinas Asociadas, para a Copa Infantil de Judo 2019, por 6.000 euros; e coa Federación Galega de Baloncesto, para a VI Jamboree de Clubs de Minibasquet 2019, por 10.000 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial