A demanda de transporte en Compostela reduciuse ao catro por cen

0

Compostela, 3 de abril do 2020 – A Xunta de Goberno extraordinaria de Compostela tratou distintos asuntos entre os que estaba a demanda de Tralusa de modificar os horarios do transporte urbano.

A empresa, que como contábamos onte prepara un ERTE, viu reducida a demanda nun 96%. A preguntas dos xornalistas o alcalde explicou que o ERTE presentado era un tema interno no que non podía opinar. Si detallou sen embargo algunhas das consideracións feitas desde a empresa

A demanda de transporte en Compostela reduciuse ao catro por cenPlan de Comercio

O concello prepara un plan para reavivar o comercio local. A intención e podelo implementar a partir do 14 de abril. En todo caso o equipo de goberno ve difícil que o estado de alarma se levante antes do mes de maio polo que cre que hai tempo de preparar unha iniciativa destinada principalmente a pequenos empresarios e autónomos.

Sánchez Bugallo, aproveitou para expresar o seu desexo de que o Goberno do Estado flexibilice a regra de utilización do superávit para que este poida ser destinado tamén á creación de emprego e á rexeneración da actividade económica.

Uso dos hospitais privados

O alcalde coincide coa demanda feita á Xunta de Galicia, por Compostela Aberta ou o sindicato CIG entre outros, para que antes de habilitar un hospital de campaña se usen as camas baleiras dos centros privados da cidade

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial