Comeza Cineuropa coa entrega do premio a María Vázquez

0

Compostela, 7 de novembro do 2019 – A edición 33 de Cineuropa comeza as oito de esta tarde cunha gala inaugural na que María Vázquez recibirá o primeiro dos 3 premios de este ano.

Na apertura de Cineuropa, no Teatro Principal, proxectarase ademais a película Ema de Pablo Larraín que compite na sección oficial dentro do apartado lationamericano. O Festival veranse este ano máis de 200 películas entre as das seccións oficiais e as paralelas. La Tropa Produce, con que falábamos hai uns días, son os responsables de esta edición que ten como directora a xornalista Laura Seoane. O Festival durará ata o próximo día 28.

María Vázquez

María Vazquez

O festival de Cineuropa deste ano comeza recoñecendo o traballo de María Vázquez, unha actriz galega que conta cunha longa e sólida traxectoria pese a súa xuventude. A organización do festival salienta traballos da intérprete como Mataharis, de Icíar Bollaín, que lle valeu unha candidatura aos premios Goya e outros premios; Trote, de Xacio Baño, no que Vázquez emprega a linguaxe corporal para transmitir a dor e a soidade da súa personaxe; e a recente Quien a hierro mata, dirixida por Paco Plaza. As tres poderanse ver durante o festival dentro da retrospectiva adicada á actriz, que compaxinou dende os seus inicios a televisión co cinema.

Estreas

#Cineuropa33 terá 19 estreas a nivel nacional e 9 preestreas. Nesta primeira semana de festival, serán seis os filmes de estrea que se poderán ver: L’adieu á la nuit de André Techiné, Kuessipan de Myriam Verreault, Figlia mia de Laura Bispuri, Dérive (The far shore) de David Uloth, Premature de Rashaad Ernesto Green e El viaje extraordinario de Celeste García de Arturo Infante.

L’adieu á la nuit de André Techiné

A esta selección súmanse tamén títulos moi agardados como Madre, a última película de Rodrigo Sorogoyen, que recolleu este ano sete premios Goya e cinco premios Feroz con El Reino; Le jeune Ahmed, dos irmáns Jean-Pierre e Luc Dardenne; Monos, o filme de Alejandro Landres que recibiu o premio especial do xurado do festival de Sundance este ano, ou Papicha, asinada por Mounia Meddour.

Das películas que participan na sección Panorama Internacional, o público pode atopar estreas como a do filme de Canadá Dérive (The Far Shore), e a estadounidense Premature. Por último, terá o seu primeiro pase no Estado El viaje extraordinario de Celeste García que participa dentro da sección Latidoamericano.

20 figuras do cinema presentarán as súas películas

A presenza de directores e de directoras será unha das constantes do festival, que aposta pola interacción e activación do público a través da proximidade dos e das creadoras cos espectadores. Este impulso traducirase na asistencia de 20 figuras do cinema e tamén no incremento dos premios Cineuropa que outorga o público, que nesta edición pasa de un a cinco, un por cada sección oficial.

Ema de pablo Larraín

Nos primeiros días de proxeccións, Cineuropa contará coa visita de varios directores e directoras que farán a presentacións das súas películas e participarán tamén nun pequeno coloquio co público despois das proxeccións. Así, nesta semana de inicio na que terá especial

relevancia o documental, estarán presentes a vasca Iratxe Fresneda, que presenta Lurralde Hotzak (As terras do frío) unha das películas en competición, e os galegos Otto Roca (con Piedad), Alberto Gracia (La estrella errante) e Anxos Fazáns (A estación violenta).

Cinema sen barreiras

Na súa 33ª edición, Cineuropa convértese na primeira cita audiovisual de gran formato de Galicia accesible para persoas con discapacidade auditiva. Grazas á colaboración coa entidade social Acopros, o festival compostelán porá á disposición do público un equipo FM e cinco receptores que facilitarán que as persoas con discapacidade auditiva poidan gozar da programación, ao igual que todas aquelas persoas que teñan perda auditiva ou fagan uso de auriculares.

Este servizo, que por primeira vez se ofrece nun festival galego de cine, estará dispoñible nas proxeccións que teñan lugar no Teatro Principal ao longo das tres semanas de exhibición de Cineuropa. Para poder facer uso do mesmo, unicamente cómpre que, á hora de comprar a entrada ou retirar o convite, se escriba á dirección de correo electrónico producion@cineuropa.gal , sinalando as datas e os horarios da programación nos que se precisará o equipo no recinto.

Cineuropa é un festival organizado polo Concello de Santiago, a través do Auditorio de Galicia, coa colaboración do Consorcio de Santiago e a Deputación da Coruña. Conta tamén co apoio da AGADIC da Xunta de Galicia, o Museo das Peregrinacións e de Santiago, o ICAA do Ministerio de Cultura e Deporte e os Multicines Compostela.

Descarga o catálogo contoda a programación e horarios: Catálogo cineuropa33

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial