Ángeles Romero fala de alimentación saudable nos Luns do Ateneo

1

Compostela, 9 de novembro do 2019 – As claves dunha alimentación saudable son o argumento principal da charla que Ángeles Romero dará este luns, 20.00 horas, no Ateneo de Santiago.

A charla de Ángeles Romero leva por título  “É posible levar a cabo unha alimentación saudable?”,  e describirá en que consiste unha alimentación saudable e como debe levarse a cabo. Ademais, terase en conta a importancia que teñen para a saúde o consumo de alimentos procesados.

ángeles romeroRomero é doutora en Farmacia e profesora na Universidade de Santiago de Compostela, da Área de Tecnoloxía dos Alimentos. Dirixe traballos de investigación e publicou varios artigos e libros, ademais de participar en multitude de Congresos internacionais e nacionais. É ademais profesora no grao de Nutrición Humana e Dietética e no Máster en Innovación, Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentaria no Campus de Lugo. Como investigadora, é pioneira en Galicia na utilización de técnicas de análise sensorial a alimentos, o que lle abriu as portas a ser socia promotora da spin-off TasteLab, S.L., a primeira empresa en utilizar esta técnica.

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial