Compromiso de Fomento para a mellora do tráfico en Oroso

0

Oroso, 27 de setembro do 2018 – O concello de Oroso ven de acadar un compromiso do Ministerio de Fomento polo que se investirán máis de 140.000 euros na mellora do tráfico no municipio.

O alcalde Manuel Mirás mantivo unha reunión en Madrid co secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, José Javier Izquierdo, e co director xeral de Estradas, Francisco Herrero, para demandar unha rotonda na praza da Foca en Sigüeiro. O primeiro compromiso saído do encontro é a construción dunha rotonda na Praza da Foca, a maior brevidade posible, e para a que se destinan141.639 euros. Con esta rotonda, “pretendemos evitar os atascos que se producen na N-550 ao seu paso por Sigüeiro polos vehículos que van dirección Santiago, dirección A Coruña, os que se incorporan pola avenida da Grabanxa e os que o fan pola rúa do Portiño. A rotonda é unha demanda de hai anos, pero o portavoz do PP, Alexander Doval, non moveu un dedo con Ana Pastor e Iñigo de la Serna; agora, en tres meses de goberno socialista en Madrid, desde o concello conseguimos a obra para Oroso”, sostén o alcalde.

Na mesma reunión, o alcalde explicoulles aos representantes de Fomento que “non é necesario o proxecto dunha estrada alternativa á N-550 desde Ordes Sur a Marantes; é mellor unha obra de menos envergadura que consistiría nunha circunvalación en Sigüeiro polo oeste, desde a rotonda do polígono ata a bifurcación da estrada que vai ao aeroporto de Lavacolla. Con esta alternativa, non prexudicamos aos negocios ubicados na N-550, que viven en gran medida dos usuarios desta estrada”, engadiu Mirás. O novo vial podería considerarse de velocidade moderada (50km/h) e evitaría os atascos para os que se dirixan ao aeroporto desde o norte da provincia. Fomento comprometeuse a analizar o proxecto plantexado polo alcalde de Oroso, que sairá adiante mediante un convenio polo que o concello asume a N-550 e a nova variante estará en mans do ministerio. A circunvalación podería estar lista nun prazo máximo de tres anos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial