Aberta a inscrición no 4º Trail da Baña

0

A Baña, 6 de setembro do 2019 – O concello de A Baña organiza, xunto co Grupo de Trail e Montaña (GtraM) Val de Barcala, unha nova edición do CMP Trail o próximo domingo 6 de outubro.

Tras o éxito acadado o ano pasado co patrocinio da marca italiana CMP con 300 participantes, este trail de montaña contará cunha distancia de 26,5 quilómetros e incluirá a categoría de Mini Trail (17 km), ademais de dúas andainas non competitivas de 16 e 10,5 km. A inscrición poderase facer a través da web emesports.es ata as 23.59 horas do xoves 3 de outubro.

4º trail a bañaNesta cuarta edición do Trail da Baña, a segunda patrocinada por CMP, a proba mantén as características de anos anteriores e contará con dúas distancias: haberá un percorrido de 26,5 quilómetros, cun desnivel de 780 metros positivos; e outro de 17, con 500 metros de subida. Quen o prefira, tamén poderá percorrer os montes da bisbarra da Barcala participando nas andainas non competitivas proTrail (16 km) e amateur (10,5 km).

A inscrición na proba de 26,5 quilómetros custa 15€, mentres que a de 17 quilómetros custa 10. Para participar en calquera das dúas categorías da andaina hai que aboar 5€. A idade mínima para participar é de 16 anos para todas as categorías, nas que os  menores de idade necesitan consentimento paterno firmado e no caso da andaina Amateur, terán que ir acompañados dun titor.

Corredores de renome como Pedro Nimo e Alberto Carou participaron na anterior edición da carreira, na que Víctor Cousillas, María Fabeiro, Moisés Bereijo e Vanesa Mella se fixeron coas victorias das diferentes modalidades.

Gráficas Esteiro (Santiago), Deportes P. Alvite (Santa Comba), Talleres Baleato (Val do Dubra), Coca Cola, e emesports.es patrocinan esta actividade que se está a convertir nun referente galego das cada vez máis populares carreiras de montaña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial