O concello de Compostela reclamará un aval sobre un inmoble de Xeneral Pardiñas e a nulidade da hipoteca do mesmo

0

Compostela, 7 de xaneiro do 2018 – A Xunta de goberno de Compostela tomou, entre outras decisións, reclamar o aval e pedir a nulidade dunha hipoteca que afectan a un inmoble propiedade do concello en Xeneral Pardiñas.

No ano 2005 o concello realizou unha permuta coa empresa Bros pola que accedía a este inmoble a cambio duns terreos en San Lázaro. A empresa non cumpriu os termos do acordo polo que o concello aprobou reclamar ao Banco Popular o pago do importe de 123.449,40 euros en concepto de indemnización por danos e perdas ocasionadas ata o 31 de decembro do ano pasado por incumprir as obrigas do acordo. A empresa por outra banda incluíu nunha hipoteca este inmoble que, ao ser público a partir da formalización da permuta, non pode estar suxeito a cargas polo que o concello pedirá a nulidade de dita hipoteca como explicaba o concelleiro Xan Duro

Convenios

Ademais, na sesión deste venres deuse conta da sinatura de dous convenios, un coa Deputación para financiar o sostemento do Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche e outro coa Asociación de Antigos Alumnos da USC e a FINSA para a rotulación de especies singulares na Alameda. Indicou Xan Duro que “a empresa achega deseños propios feitos en pino que servirán para sinalar as árbores máis senlleiras da Alameda”. Na rotulación, ademais do texto, haberá un código QR e unha transcrición en braille.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial