Concello de Santiago e Cámara de Comercio entregaron os Manuel Beiras

0

Compostela, 18 de decembro do 2018 – No salón vermello do Pazo de Raxoi entregáronse no serán de este luns os premios Manuel Beiras que entregan o Concello e a Cámara de Comnercio polo uso do galego.

A empresa Leite Noso recibe o Premio Manuel Beiras na categoría de nova incorporación ao galego. A distinción está relacionada coa marca comercial “Deleite”, a primeira etiquetada integramente en galego e que, tal e como salienta o xurado, “coloca o noso idioma na mesa de milleiros de fogares cada día”. “Deleite ” demostra que o galego “é o vehículo idóneo para presentar o principal produto do noso sector agrogandeiro e para asocialo á riqueza do patrimonio e ao dinamismo da cultura máis actual”

Pedro González Boquete

Na categoría de empresas cun uso continuado do galego, o galardón será para Construcións Alvite González, “por apostar por unha comunicación coidada, coherente e respectuosa coa nosa lingua, facéndoa visible nun ámbito de actividade económica onde habitualmente se agocha para os usos formalizados.

Construcións Alvite González

Por último, o xurado acordou conceder a distinción especial do Premio Manuel Beiras a Evaristo Rodríguez Carracedo, avogado compostelán que “como vicepresidente da Cámara de Comercio, foi un dos piares sobre os que se crearon estes galardóns e cuxo impulso e apoio foi fundamental para que superasen a maioría de idade”. Segundo o xurado, Rodríguez Carracedo “foi a voz da conciencia lingüística que cada ano lembrou a importancia do compromiso empresarial coa lingua e a necesidade de converter en feitos as palabras de apoio”.

Evaristo Rodríguez Carracedo

O xurado dos Premios Manuel Beiras estivo formado polo alcalde, Martiño Noriega; Xavier Freire, en representación da Cámara de Comercio; Beatriz Corral, en representación da Secretaría Xeral de Política Lingüística; Miguel López Crespo, en representación da Unión de Consumidores de Galicia; Belén Regueira no nome do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia; María Traveso, no nome da Mesa pola Normalización Lingüística, e os representantes das empresas premiadas na pasada edición dos galardóns.

Os premiados co presidente da Cámara de Comercio, José Sierra, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega

 

Distinción de Acisclo Manzano

Os galardoados recibiron unha distinción consistente nunha escultura creada polo artista Acisclo Manzano. Poderán amosar nos seus establecementos a posesión deste premio como unha garantía máis de que respectan o idioma galego. O nome do Premio Manuel Beiras é unha homenaxe a este galeguista polo seu apoio á lingua, ademais de pola súa actividade como comerciante compostelán. Recibiu a Medalla de Ouro da cidade pola súa contribución cultural, un exemplo de compromiso colectivo dende o sector socioeconómico.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial