O Pino aproba a mellora dun parque infantil e da estrada de Budiño

0

O Pino, 9 de setembro do 2019 – O concello de o Pino celebrou un pleno extraordinario no que aprobou melloras no parque infantil da praza de Forcarei e no firme da estrada de Budiño

O pleno serviu para sacar adiante, por unanimidade dos tres grupos políticos, as obras do plan adicional ao POS+ da Deputación da Coruña.

Unha das principais a mellora da capa de rodadura da estrada de Budiño, que comunica a N-634 co límite de Oroso. A inversión para executar esta actuación ascende 168.620,83 euros. Nesta estrada de Budiño vaise acometer tamén a ampliación do firme en 0,75 metros a cada lado, para que o ancho total pase 4,5 ata os 6 metros. Esta obra foi xa adxudicada á empresa Oviga, por un importe que ronda os 250.000 euros, polo que as actuacións neste viaria van superar os 400.000 euros.

Unha vez aprobado polo pleno o proxecto para mellorar a capa de rodadura desta estrada, o Concello remitirá o acordo a Deputación, para que sexa aprobado polo organismo provincial antes de que o Concello poida licitar a obra, o que se espera aconteza a finais deste ano ou principios do ano que ven.

Parque infantil

Outro dos investimentos máis agardados é a instalación da cuberta no parque infantil de Forcarei, xunto a escola infantil A Galiña Azul de Arca.

Esta obra vailles permitir aos cativos poder xogar durante máis días nesta zona. A cuberta mellorará as condicións para que a cativada poida seguir gozando das instalacións tanto os días de moito sol como algúns dias de choiva. A inversión ascende a 89.661,21 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial