Os concellos promoven un manifesto contra o Coronavirus

0

Bisbarra, 9 de xuño do 2020 – Quince concellos galegos, entre os que se atopan Ames e Silleda, promoven un manifesto de cooperación contra o Coronavirus.

Os concellos forman parte do Fondo Galego de Cooperación e o manifesto ven de ser impulsado a nivel estatal pola Confederación de Fondos de cooperación y Solidaridad.

O texto sostén que “nun contexto global, abandonar aos países do Sur non é unha opción”, polo que unha vez superada a fase máis grave nos nosos territorios haberá que “axudar a outros pobos menos preparados para resistir os efectos da pandemia”.

Os concellos promoven un manifesto contra o CoronavirusMáis de 1.300 concellos

A Confederación de Fondos agrupa a anove Fondos de Cooperación que representan a máis de 1.300 concellos de toda España. No caso de Galicia 15 concellos xa firmaron o manifesto; se trata de Ames, Arteixo, O Barco, Bergondo, Cabanas, Cambados, Malpica, Moraña, Narón, Poio, Ponteareas, Sada, Sandiás, Silleda e Tomiño.

Ao mesmo tempo, por medio da web da Confederación, numerosos cargos electos se adheriron tamén de xeito individual, co obxectivo de visibilizar o apoio do municipalismo á cooperación internacional.

Este mes o documento abrirase ás sinaturas da cidadanía en xeral, a fin de promover a defensa deste tipo de políticas públicas municipais.

Actuación global

 O texto recoñece que “se non actuamos globalmente, o risco de que o virus rebrote ou de que aparezan novas pandemias será cada vez maior” pois “vivimos nun mundo hiperconectado”. Neste senso, a actuación dos fondos de cooperación “non só se limita á resposta sanitaria inmediata”, senón que fai fincapé en fortalecer as capacidades locais dos países máis empobrecidos para xestionar servizos básicos que lles permitan afrontar calquera crise.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de aprobar o investimento de 98.126 euros para frear o impacto do Coronavirus en Mozambique e Guinea-Bissau, a través de cinco proxectos que inciden na sensibilización da veciñanza, a dotación de materiais de prevención, o abastecemento de auga ou a saúde da infancia. Ademais, recentemente puxo en marcha nas redes sociais a campaña  #OsMunicipiosCooperan, para poñer en valor a solidariedade internacional desde o local.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial