Varios alcaldes reclama criterios a seguir nos programas de conciliación familiar

0

Bisbarra, 5 de xuño do 2020 – Alcaldes das comarcas do Xallas e Costa da Morte reclaman que se especifiquen os criterios sanitarios na organización dos programas de conciliación familiar.

O comunicado parte do concello de Santa Comba e chega tras unha reunión con alcaldes de  A Baña, Zas, Mazaricos, Negreira, Val do Dubra, Coristanco, Vimianzo e Camariñas. Explican que a hora de organizar os programas de conciliación é preciso que o goberno autónomo estableza eses protocolos.

Logo de analizar a situación as administracións locais, e vista a publicación do Ministerio de Sanidade da Orde SND/458/2020 de 30 de maio, publicada no BOE do 30 de maio, explican que no documento non se establecen protocolos de actuacións e remiten a competencia á Comunidade Autónoma respectiva.

No comunicado solicitan á Xunta de Galicia que proporcione información de se se van a poder realizar programas de conciliación laboral e familiar así como campamentos deportivos e/ou culturais,  data para poder iniciar os mesmos, protocolos de actuacións a seguir, ratios a cumprir, tratamento dos nenos e nenas con necesidades especiais e outros datos de interese; coa finalidade de poder organizar estes servizos coas máximas medidas de seguridade e evitar todos os ricos que sexan posibles.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial