займ срочно

Organizan unha charla sobre a concentración de montes en Teo

0

Teo, 16 de outubro do 2018 – O BNG de Teo organiza un encontro sobre a concentración de montes no concello que se atopa na actualidade paralizada.

O local social da Mámoa, en Luou, acollerá esta charla este mércores 17 de abril a partir das oito e media da tarde. Falarase da concentración de montes nas parroquias de Lampai, Luou e Rarís e participaran como ponentes Xoán Manuel Reyes Salgado “Reices”, enxeñeiro agrónomo; Martiño Nercellas Méndez, biólogo; Xosé Luis Rivas Cruz “Mini”, deputado do BNG no Parlamento galego; e Manuel Anxo Fernández Baz, portavoz do BNG en Teo.

O portavoz municipal do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz explica que “este encontro organízase a iniciativa veciñal en tanto que a ordenación do monte é un tema recorrente entre os veciños e veciñas, e nomeadamente das parroquias de Lampai, Luou e Rarís. Nestas parroquias xa está realizado o levantamento topográfico, pero a Xunta decidiu paralizar o proceso de concentración”. Fernández Baz destacou que “vai depender dos propietarios e propietarias que se retomen os traballos e sexa culminada a concentración, e por iso chama á participación veciñal porque é necesario un esforzo colectivo para reclamala.” Baz incidiu na necesidade de “poñer en valor o monte e para iso é imprescindíbel unha ordenación que permita dispoñer as condicións para obter a máxima rendibilidade”, e rematou destacando que “a Xunta ten que rematar estes procesos iniciados en 1999 para avanzar na racionalización da estrutura forestal.”

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies