Durante todo o mes Concepción Arenal será a protagonista da Praza da Universidade

0

Compostela, 7 de marzo do 2018 – Durante todo o mes Concepción Arenal presidirá a praza da Universidade, dentro das actividades do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.

Na colocación da estatua de Concepción Arenal estiveron presentes a concelleira de igualdade, Marta Lois, o decano da Facultade de Filosofía, José Miguel Sagüillo; a vicedecana da Facultade de Filosofía, Nieves Herrero; a coordinadora da Comisión de Igualdade da Facultade de Filosofía, María Xosé Agra; e a coordinadora da Oficina de Igualdade de Xénero da USC, Eva Aguayo.

A intervención urbana naceu na Facultade de Filosofía. María Xosé Agra explicou polo miúdo o contido da iniciativa, que naceu á vista do feito de que “non había prazas, rúas e espazos relativos a mulleres”. Por iso, engadiu, “pensamos en Concepción Arenal pola vertente cultural e intelectual da súa figura e por ser coetánea a Montero Ríos”, cuxa estatua preside a praza da Universidade.

Pola súa banda, a concelleira de Igualdade amosou a “satisfacción que sentimos dende o Concello pudendo acompañar unha iniciativa que encaixa coa visión de construír a Compostela que é territorio de mulleres”. Na mesma liña se pronunciou Eva Agüayo, da Oficina de Igualdade de Xénero da USC, quen sinalou que esta acción “busca visibilizar as mulleres nos espazos públicos, colocando como referencia a outra muller que foi pioneira no feminismo e que abriu o camiño ao acceso das mulleres aos distintos niveis educativos”. Finalmente Nieves Herrero, vicedecana da Facultade, explicou que a idea “xurdiu das propias aulas da Facultade, onde constatamos a escasa presenza das mulleres e a existencia dunha reprodución dos estereotipos dominantes cando si se fai esa representación”.

Concepción Arenal

Licenciada en Dereito, exerceu tamén como xornalista e escritora dentro do realismo literario. Foi ademais pioneira no feminismo denunciando a situación das prisións de mulleres, a miseria nas casas de saúde ou a condición da muller no século XIX, como se faría posteriormente dende o sufraxismo decimonónico.

A súa primeira obra sobre os dereitos da muller é La mujer del porvenir (1869), na que critica as teorías que defendían a inferioridade das mulleres baseada en razóns biolóxicas. A súa tese parte de defender o acceso das mulleres a todos os niveis educativos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies