Concerto de Nadal da Banda de Música de Arca

0

O Pino, 29 de decembro do 2018 – Hoxe sábado a Banda de Música de Arca da en O Pino o seu tradicional concerto de Nadal.

A música das películas de Disney e algunhas panxoliñas, serán este ano o fío condutor do tradicional concerto da Banda de Música de Arca, dirixida por José María Blanco Papín. A cita no centro sociocultural Luís Seoane de Arca está fixada para as oito da tarde.

A actividades comezarán coa actuación dos máis pequenos da escola da banda, que amosarán como van progresando no seu aprendizaxe musical. Sobre as nove da noite está previsto o concerto da centenaria Banda. Unha agrupación fundada en 1864 por Cristóbal Regueiro e formada hoxe por medio centro de músicos, a maioría deles xente nova e residentes no concello do Pino. A media de idade da agrupación é duns vinte anos.

As persoas que acudan a escoitar á banda poderán colaborar co Nadal Benéfico que organiza o Concello do Pino, depositando produtos non perecedoiros de alimentación, limpeza ou hixiene no espazo habilitado para tal fin no centro sociocultural Luís Seoane. Os interesados poderán seguir aportando produtos ata finais do mes de xaneiro. Durante o resto do ano, o Concello repartirao entre os veciños con menos recursos do municipio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial