займ срочно

Concerto de Nadal da Orquestra Universitaria

0

Compostela, 15 de decembro do 2018 – Como vén sendo habitual nos últimos nove cursos académicos, a Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela (OUSC) ofrecerá este domingo 16 na Igrexa da Universidade o Concerto de Nadal, aberto ao público en xeral con entrada de balde ata completar aforo.

O recital da Orquestra universitaria dará comezo ás 19.30 horas baixo a dirección de Mario Diz. Os 55 integrantes da formación interpretarán un programa con obras de Händel, Rodrigo e Brahms. A OUSC acolle un programa festivo pero que tamén indaga en repertorios como o do Maestro Rodrigo, do que en 2019 se cumprirá o 20 aniversario do seu pasamento. As dúas obras que se interpretarán, Zarabanda Lejana y Villancico e Dos Miniaturas Andaluzas, son pezas para orquestra de corda cuxas partituras editadas a propia familia tivo a ben facilitar para que especialmente esta orquestra as puidera interpretar.

A OUSC

A Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela, no seus inicios Orquestra do Espazo de Cámara, naceu co obxectivo de impulsar nos mozos e mozas universitarios, e por extensión na cidadanía de Compostela, un proxecto educativo e cultural onde o eixo fundamental é a música. O grupo que conforma a Orquestra procura de maneira prioritaria a formación musical dos seus membros que, semana tras semana, adquiren un maior compromiso co estudo e a difusión dos valores da música.

Dende 2010 a Orquestra participou en proxectos como o aniversario de Debussy co concerto de Arpa e Orquestra do mesmo autor; o Concerto de Violonchelo de Haydn en Re maior, ou nos monográficos sobre Astor Piazzolla e sobre a música galega. Na tempada 2014-15 interpretou xunto ao coro Vigués Gli Apassionati o Magnificat de J.S. Bach e o Gloria de Vivaldi. En colaboración coa Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela realizaron ademais unha versión do musical Sweeney Todd de Stephen Sondheim. Participou tamén nas Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela dende o seu inicio.

Incorporándose ao proxecto diversos profesores da Orquestra da Cidade, Real Filharmonía de Galicia, así como intérpretes relevantes do ámbito musical galego, a Orquestra da USC foi incluída na rede de Orquestras Universitarias Europeas, ENUO, onde participan máis de 28 nacionalidades.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies