займ срочно

Concerto de Os Novos e Tecor Societário na Gentalha do Pichel

0

Compostela, 16 de xaneiro do 2019 – A Gentalha do Pichel segue adiante coa teima de crear un local de ensaio e como xeito de recadar fondos organiza un concerto de Os Novos e Tecor Societário o próximo sábado.

Non é o único xeito de colaborar xa que no bar do centro social teñen dous petos onde pode deixar todo o mundo as colaboracións que consideren oportunas. Como prato forte, de esta campaña para crear un local de ensaio, está o concerto do sábado con Os Novos e Tecor Societário a partir das dez da noite. Como non podía ser doutro xeito terá lugar no C. S. O Pichel en Santa Clara, nº 21.

Tecor Societário é um grupo de punk folk que mestura sons populares e instrumentos tradicionais galegos con ritmos do punk, combinando voz, gaita, mandolina e acordeon con guitarra, baixo e batería.

Em 2018 publicaron o seu primeiro EP, un disco con 3 temas que está pendurado no canal de youtube do grupo e tamén editado em formato físico.

 

Os Novos é un trio de Compostela que nos últimos tempos anda a experimentar o formato acústico, chegando ao palco con guitarra, baixo acústico e unha pandeireta facendo as labores da batería, incluíndo às veces mandolina e banjolele. Con este mini-set defenden o seu repertorio de temas propios e versións de punk e rock’n’roll con espírito country e bluegrass, ao que ultimamente se referen como “punkgrass”.

Con este formato gravaron un single 7” intitulado “Assalto Acústico” no que colaboraron Caxade (acordeon) e a Ukestra do Medio (ukuleles, caixón e coros).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies