займ срочно

Concerto de presentación do II Festival Internacional de Música no Paraninfo

0

Compostela, 29 de abril do 2019 – As oito e media de esta tarde concerto de presentación do Festival INternacional de Música no Paraninfo da Universidade.

O II Festival Internacional de Música Clasclas celebrarase entre o 27 de xuño e o 6 de xullo en Vilagarcía de Arousa. O concerto de hoxe serve de presentación e contará coa chelista Anastasia Kobekina na compaña da pianista Olga Kobekina, que interpretarán un programa composto por obras de Stravinsky, Prokofiev e Tchaikovsky,

Anastasia Kobekina é unha das máis sobresaliente virtuosa do seu instrumento. Nada nunha familia moi musical, debutou como solista con tan só 6 anos. Dende entón ten ofrecido concertos con importantes orquestras mundiais como Virtuosos de Moscú, Vienna Symphony, Kremerata Baltica ou Orquestra do Mariinsky, e con directores como Penderecki, H. Schiff, Spivakov ou Gergiev. Premiada en numerosos concursos internacionais, Anastasia Kobekina toca habitualmente música de cámara en diversos festivais con artistas como G. Kremer, Y. Bashmet, D. Matsuev, Fazil Say ou G. Braunstein, entre outros.

Pola súa banda, a pianista rusa Olga Kobekina reside en Barcelona dende os 19 anos, onde traballa coma pianista e profesora de piano no Conservatorio do Liceo. Ten realizado numerosas colaboracións con destacados cantantes. É ademais habitual nas producións do Gran Teatre do Liceu e realizou xiras en España, Rusia, Corea, Polonia, Francia, Cuba ou Italia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies