Concerto de Reis da Real Filharmonía de Galicia

0

Compostela, 29 de decembro do 2018 – A Real  Filharmonía de Galicia celebra o seu tradicional Concerto de Reyes o próximo venres día 4 no Teatro Principal.

A partir das oito e media da tarde, baixo a batuta de Paul Daniel, comezará o concerto oficial; pola mañá, as 11 e aberto ao público, terá lugar o ensaio xeral de este Concerto de Reis.

Baixo o título  Noites en Viena!, o programa, moi propio destas datas festivas, permitirá facer un percorrido polos valses e as  polcas máis populares da familia Strauss. O concerto comezará coa Abertura O morcego, unha  opereta cómica de Johann Strauss  Jr. (1825-1899), fillo de Johann Strauss e coñecido especialmente polos seus valses. Considerada como unha obra mestra do xénero, soborda humor, enxeño e moita alegría.

A continuación os músicos achegarán ao público outras obras de Johann Strauss  Jr., como a  polca Salve Hungría!, unha das pezas máis antolóxicas do compositor e que adoita interpretarse con frecuencia durante a celebración do Concerto de Ano Novo en Viena; a  Polca do cuco; o valse Vida de artista; a popular  polca Baixo tronos e lóstregos, que  ejemplifica o poder da orquestra para remitir a ese fenómeno natural; e o valse Voces de primavera, un tema amplamente empregado ao longo da historia como acompañamento de diversos espectáculos audiovisuais, formando parte en particular da banda sonora de diversas películas.

Composta por Johann Strauss  Jr. e polo seu irmán  Josef (1827-1870), a orquestra interpretará tamén a  Polca  Pizzicato, unha obra cargada de humor, coa peculiaridade de que na súa interpretación os instrumentos de corda non empregan o arco, senón que os músicos  pinzan as cordas cos dedos para facelas vibrar, resultando un son menos ríxido, máis divertido, aludindo aos pasos de baile da  polca. Os irmáns Strauss transformaron esta danza folclórica nun elegante e refinado baile para os salóns nobres da alta sociedade.

Soarán ademais, escritas por Johann Strauss  Jr.,  a  Polca do tren; a  Polca do  Champagne; e a  Polca  Tritsch  Tratsch, un retrato musical da afección  vienesa de  esparcir rumores e murmuracións representado, con moito sentido do humor, polos murmurios da orquestra e o diálogo vivo entre os diferentes instrumentos. O Concerto de Reyes concluirá co seu soado valse O Danubio azul, considerado como o himno non oficial austríaco, música cargada de paixón, melancolía e esperanza.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial