Concerto do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia no Paraninfo da Universidade

0

Compostela, 16 de marzo do 2019 – Organizado polos Amigos da Ópera de Santiago hoxe terá lugar no Paraninfo da Universidade un concerto do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia.

O recital do Coro comezará ás 20.30 h. e conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo e da Universidade de Santiago. O repertorio escollido para a ocasión xirará principalmente ao redor do romanticismo alemán, outorgando gran protagonismo a compositores universais como Brahms ou Schubert. Explorará ademais composicións doutros músicos como Claudio Monteverdi, Michael Praetorius ou Tomás Luis de Victoria. O recital será de entrada gratuíta até completar as localidades.

O concerto desta tarde será a terceira ocasión que o Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia ofreza un recital a capella da man da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela. O recital enmárcase dentro da temporada de concertos do Coro, que tamén actuará en Ferrol o 28 de marzo e na Coruña, o 29 deste mesmo mes. En ambos os dous casos, recuperarán as pezas de Brahms interpretadas en Santiago.

A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago (ADOC) é unha entidade sen ánimo de lucro que actúa en Compostela e no seu ámbito comarcal. As súas finalidades son o cultivo e o fomento da ópera e de todas aquelas actividades, incluídas as pedagóxicas, que poidan levar a unha expansión e un maior coñecemento da mesma. Entre 2013 e 2016, ADOC organizou catro Galas Líricas dos Conservatorios de Galicia, coa participación do mellor alumnado destes centros. Con este I Concurso de Canto Compostela Lírica, ADOC quere ir máis alá das Galas Líricas e diríxese aos profesionais novos/as, aos/as cantantes cos estudos terminados que pretendan iniciar as súas carreiras artísticas. Ao longo destes anos, ademais, produciu espectáculos operísticos como ‘Brundibar’ ou ‘O segredo de Susana’, ambas as dúas pezas coa dirección escénica do director e dramaturgo Cándido Pazó.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial