займ срочно

Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música de Ordes

0

Ordes, 18 de Nadal do 2017 – O escenario da Casa da Cultura encheuse coa canteira de novas promesas musicais de Ordes na gala de Nadal da Escola de Música.

Os alumnos da Escola Municipal de Música ofreceron o concerto, ante a atenta mirada de pais, nais, familiares e amigos que acudiron ao auditorio.

No espectáculo participaron arredor de 100 persoas pertencentes aos grupos de música e movemento, piano, guitarra, percusión e o coro da escola.  Para completar o programa tamén estiveron os grupos de combo rock e combo jazz, así como os da banda xuvenil. Todos eles ofreceron un repertorio no que non faltaron as composicións típicas desta época do ano, ademais de versión de clásicos tradicionais como Carolina ou bandas sonoras cinematográficas como Mary Poppins.

Entre o público asistente puidéronse ver aos concelleiros de Cultura e Educación, José Manuel Mira e Susana García respectivamente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies