Concerto solidario de Nadal da Banda de Música de Ordes

0

Ordes, 18 de decembro do 2018 – En colaboración co Concello de Ordes o vindeiro 29 de decembro a Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes celebrará o seu tradicional Concerto de Nadal, na Casa da Cultura ás 20 horas.

Este ano o concerto de Nadal virá marcado por varias novidades. A primeira é o repertorio que baseado no tradicional concerto de fin de ano vienés, terá obras de Tchaikovsky e Strauss. Outra novidade será que a dirección correrá a cargo de Óscar Prieto, recentemente nomeado director da Banda de Música de Ordes. A  terceira será o carácter solidario do concerto xa que, en colaboración coa Cruz Vermella de Ordes, solicítase que todas aquelas persoas que asistan leven alimentos non perecedoiros ou produtos de hixiene.   

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial