Conchi García

Teo, 15 de outubro do 2017 –  Esta semana quedaba inaugurado o Banco de electrónica de Teo, unha iniciativa pioneira na bisbarra e que tivo tanto éxito que antes de abrir xa tiña donacións.

Falamos con Conchi García, concelleira de comercio que foi a impulsora de esta nova actividade en Teo. Todo comeza con outra actividade que puxo en marcha o seu departamento hai dous anos, o Libreteo, do que saíron os voluntarios que puxeron en marcha este Banco de Electrónica

Que naceran iniciativas de este tipo ou a asociación de software libre que porase en marcha en breve era unha das metas do Libreteo

Os obxectivos do Banco de electrónica pasan pola reciclaxe das donacións pero tamén pola recollida de aparellos como móbiles que en moitas ocasións son deixados de usar en perfectas condicións e poden servir a outras persoas

Unha das partes máis interesantes do proxecto é a capacidade de entregar, a persoas que o precisen, equipos que non so funcionarán se non que ademais levarán instalado software e contidos libres que serán moi útiles

Unha iniciativa que non existe en toda a bisbarra e que pódese comprobar que é moi necesaria, baste dicir que mentres se estivo preparando o local a xente comezou a levar equipos. Na inauguración o Banco de electrónica xa conta con bastante material para comezar a traballar. Estará aberto e atendido polos voluntarios tódolos xoves de 17.00 a 20.00 horas e situado na rúa do Buxo ao carón da Casa Común e do colexio de Os Tilos.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies