O Programa Conciencia recibe a Finn E. Kydland, Premio Nobel de Economía

0

Compostela, 3 de xuño do 2018 – O Premio Nobel de Economía Finn E. Kydland visitará a próxima semana a Universidade de Santiago convidado polo Programa ConCiencia. O acto central da visita será a conferencia do venres 8, ás 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, que leva por título ‘Política económica e o crecemento dos ingresos das nacións’.

Finn Kydlan, profesor da Universidade de California-Santa Bárbara (EE.UU.), acadou o
Premio Nobel de Economía en 2004 –compartido con Edward C. Prescott– “polas súas contribucións á macroeconomía dinámica, en concreto, a consistencia temporal da política económica e as forzas impulsoras detrás dos ciclos económicos”. Mostrou que as políticas económicas a miúdo están infestadas de problemas de inconsistencia temporal, e demostrou que a sociedade podería beneficiarse dun compromiso previo coa política económica e presentou novas ideas sobre o seu deseño e as forzas impulsoras detrás dos ciclos económicos.

Finn E. Kydlan

Nado en Ålgård (Noruega) en 1943, graduouse na Escola Norueguesa de Economía (NHH) en 1968 e obtivo o doutoramento en Economía na Universidade Carnegie Mellon de Pittsburgh (Pensilvania, Estados Unidos) en 1973, cunha tese sobre o plan macroeconómico descentralizado. En 1978 iniciou a súa traxectoria como docente na propia Universidade Carnegie Mellon. Os campos de investigación de Kydland son a economía xeral e política. As súas áreas principais do ensino e de interese son os ciclos económicos, a política monetaria e fiscal e a economía do traballo.

Ademais de docente na Universidade de California-Santa Bárbara é tamén profesor adxunto do NHH de Noruega e da Universidade Torcuato Dei Tella de Buenos Aires (Arxentina). Desde que reside en Estados Unidos mostrou grande interese pola economía e a cultura dos países hispanos, de aí que coñeza profundamente as realidades de Arxentina, onde viviu e investigou, Colombia e Cuba.

Neses dous últimos países centrou o seu interese desde o Observatorio de Investigación da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras, que preside desde 2011, no que lidera estudos dirixidos a investidores españois sobre os mercados de Acerbaixán, Ucraína, México, Cuba e Colombia. Actualmente traballa na elaboración de estudos similares en Kazajistán e Bielorrusia. Coñecidas son tamén as súas contribucións macroecónomicas para o fin do illamento cubano. Alén da docencia, é consultor nos bancos da Reserva Federal de Estados Unidos de Dallas, Minneapolis e Cleveland.

O Programa Conciencia, da USC e o Consorcio de Santiago, trae a Compostela a Kydlan coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Economía, Industria y Competitividad, e a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies