XII Concurso de Fotografía Touro en Imaxes

0

Touro, 31 de agosto do 2017 –  Os afeccionados e amantes da fotografía teñen de prazo ata o 3 de novembro para presentarse ao XII Concurso de Fotografía Touro en Imaxes organizado polo Concello de Touro.

O 3 de novembro remata o prazo para presentarse a un concurso que cumpre 12 anos. A cita para os afeccionados á fotografía consta de tres apartados na categoría de adultos (maiores de 18 anos): Premio Especial Touro Natureza, Premio Especial Touro Patrimonio Histórico-Cultural e Tema Libre. Cada apartado está dotado cun premio de 300 euros. Pola súa banda, a categoría xuvenil (entre 12 e 18 anos) conta co Premio Natureza e o Premio Patrimonio Histórico-Cultural. Nos dous casos o premio será unha cámara de acción deportiva.

Premio Tema Libre 2016. A bubela. Autora: Ana García Turnes

Premio Tema Libre 2016. A bubela. Autora: Ana García Turnes

Touro en imaxes pretende “contribuir á creación artística, fomentar a divulgación da fotografía e promocionar os recursos naturais e histórico-culturais do municipio” según s responsables municipais. 

Poderán participar todas as persoas físicas que cumpran o establecido nas bases. Cada autor ou autora poderá presentar un máximo de catro obras, que deberán ser orixinais, recentes e inéditas. As fotografías realizaranse en branco e negro ou cor.

O propio Concello de Touro exporá as fotografías gañadoras e tamén as dos demais participantes. O público asistente á exposición de fotografías tamén poderá emitir o seu parecer ao respecto a través dunha votación popular, no propio espazo expositivo ou a través das redes sociais do Concello de Touro. A fotografía que reciba o maior número de votos, nos dez primeiros días, será reproducida na portada do calendario anual do Concello ou no Anuario municipal. Os traballos pasarán a formar parte dun arquivo creado para uso municipal. Os interesados en presentarse no concurso poden consultar as condicións da convocatoria en www.concellodetouro.com.

Os profesionais e afeccionados que participen poderán presentar os seus traballos no rexistro do Concello ou enviando as obras por correo certificado nun sobre pechado ao seguinte enderezo: XII Concurso de Fotografía Touro en Imaxes. Concello de Touro. Rúa Isabel II, 26. Fonte Díaz. 15822. Touro. A Coruña.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies