Arranca o V Concurso de Publicidade Comercial en Galego de Compostela

0

Compostela, 5 de xuño do 2017 – A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou esta a quinta edición do Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego, un certame que pretende ser “un incentivo para a galeguización da comunicación entre as empresas e o público e tamén un recurso para promover a calidade e a creatividade nesa comunicación”.

De esquerda a dereita Marta Lois e Lucía Castro, concelleira e técnica de comercio respectivamente

De esquerda a dereita Marta Lois e Lucía Castro, concelleira e técnica de comercio respectivamente

Este concurso pretende impulsar esa coherencia entre a publicidade e o trato directo, coherencia lingüística que, por outra parte, concorda perfectamente coas recomendacións que dende outros ámbitos se difunden a respecto de como deben presentar a súa oferta as empresas.

Neste sentido, “o galego tamén é unha fonte para a creatividade, un potencial que pode ser explotado coa seguridade de que é a lingua que a maioría do público destinatario do noso comercio sente como máis propia”, destacou a concelleira de Igualdade.

O Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial é un certame aberto ao que se poden presentar os establecementos empresariais radicados en Compostela (de calquera ámbito, localización ou tamaño) e os profesionais da comunicación e a publicidade.

A titularidade do proxecto que presenten pode exercela calquera das dúas partes que o sosteñen pero, necesariamente, este ten que contar coa asociación de ambas. Non é preciso que formen ningunha UTE ou empresa, simplemente é necesario que o proxecto publicitario sexa para un negocio asentado en Compostela, que sexa viable, e que estea deseñado por profesionais.

Colaboración interempresarial

Deste xeito preténdese que as dúas caras imprescindibles para lograr campañas de calidade e atractivas se poñan en comunicación e cooperen. A finalidade é que planifiquen un bo proxecto de comunicación en galego, que sirva aos seus intereses económicos e, en consecuencia, se converta no mellor exemplo de que en galego se vende e que o galego vende. Por iso, o lema desta campaña é “Coa lingua conectas”, precisamente para subliñar que o galego permite que nos comuniquemos mellor.

Os proxectos poden deseñarse para calquera formato e soporte, con absoluta liberdade creativa. Haberá dous premios dunha contía de 5.000 euros. O prazo para presentar os proxectos ao concurso remata o 30 de xuño. As bases poden consultarse no enderezo electrónico do Departamento de Comercio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial