займ срочно

Touro elixe as mellores fotografías no XII Concurso Fotográfico Touro en Imaxes

0

Touro, 30 de Nadal do 2017 – O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, entregou na Casa da Cultura de Touro os premios aos gañadores do XII Concurso Fotográfico Touro en Imaxes.

Flor antiga
Yandira Elena López,
Premio xuvenil natureza

O rexedor agradeceu a numerosa participación e destacou a calidade das obras imaxes participantes na convocatoria. A categoría xuvenil-natureza foi para Yandira Elena López Cea, coa obra Flor antiga. O resto dos gañadores, xa na categoría de adultos, foron: Alejandra Cea Cordero, (Premio Patrimonio Histórico-Cultural), con Campanas de San Juan; José Luis Gigirey González (Premio Natureza), con Reflexos na Santaia; e Alicia Seoane Lens (Premio Tema Libre) con Detrás da lámpada.

O Concello de Touro organizou unha exposición na Casa de Cultura das obras premiadas e tamén do resto de obras participantes no concurso de fotografía que este ano cumpliu o seu XII aniversario. O alcalde animou aos afeccionados á fotografía a presentarse nas próximas edicións dun concurso fotográfico xa consolidado.

Foto de grupo dos gañadores

 

Detrás da lámpada
Alicia Seoane
Premio adultos tema libre

Reflexos na Santaia
José Luís Gigirey
Premio adultos natureza

 

 

 

 

 

 

Campanas de San Juan
Alejandra Cea
Premio adultos patrimonio

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies