Condena unánime das institucións aos danos na estatua da Catedral

0

Compostela, 7 de agosto do 2018 – Tódalas institucións, asociacións e partidos políticos criticaron sen paliativos os danos sufridos por unha das estatuas da fachada de Praterías da Catedral de Santiago, datada no século XII.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, achegouse ata a Catedral para comprobar o estado da estatua. O rexedor acudiu co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; co deán, Segundo Pérez, e co director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo. O alcalde amosou o rexeitamento e condena do Concello de Santiago ante un acto que supón “falta de civismo e respecto. Santiago é unha cidade patrimonio da humanidade, aberta e moi tolerante, pero diante deste tipo de actuacións somos intolerantes, xa que se nos tocan o patrimonio tócannos a todos e a todas”. O rexedor lembrou que durante o verán existe unha maior presenza policial no casco histórico, con incremento de efectivos, pero que neste tipo de actos “é importante mandar unha mensaxe de civismo”.

Pola súa banda, Daniel Lorenzo informou que durante a tarde quedaría feita a limpeza da estatua usando a técnica láser coa que se traballou no Pórtico da Gloria. Durante a mañá comprobaron o estado da peza varios técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta e da propia Catedral para valorar o dano ocasionado. O director da Fundación Catedral incidiu na importancia de “concienciar a todo o mundo da preservación do patrimonio”.

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, cualificou esta acción como unha “barbaridade e atentado cultural” e asegurou que “unha vez que as forzas e corpos de seguridade do Estado localicen á persoa ou persoas responsables se lles aplicará a Lei de Patrimonio, que implica sancións que poden oscilar entre os 6.000 e os 150.000 euros”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial