Coñecer aos comerciantes de Melide

0

Melide, 23 de setembro do 2020 – O concello de Melide ven de poñer en marcha a campaña “Coñece ao teu comerciante” que pretende promover o consumo local dando visibilidade as persoas que están detrás dos negocios.

A campaña foi presentada por parte do alcalde de Melide, Xosé Manuel Pérez e do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Igrexas que estiveron acompañados de representantes de perruquerías locais. A esta iniciativa tamén se engade, según explican “a necesidade de poñer en valor ao comercio local como unha opción laboral real de presente e futuro”.

Xosé Igrexas indicaba que  “A idea inicial é que todos os comercios da vila estean representados nesta campaña, decidimos comezar polas perruquerías porque é un sector que non se adoita ter en conta cando se realizan campañas de dinamización do comercio local”,

Coñecer aos comerciantes de MelideCoñece ao teu comerciante

Cada comercio de Melide, neste momento as perruquerías por ser o primeiro sector en participar na campaña, conta cun cartel onde veñen recollidos todos os detalles e información do establecemento. Estes carteis colócanse en establecementos diferentes para que sexan os propios comercios os que den visibilidade a outros negocios da vila.

A veciñanza de Melide e Comarca poderán beneficiarse da campaña mercando nos establecementos que forman parte desta iniciativa xa que, con cada compra superior aos 20 euros, recibirán un vale de 5 euros de desconto que poderán trocar nos comercios locais participantes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial