займ срочно

Adriana Calcanhotto da unha charla esta tarde antes do concerto de mañá venres

0

Compostela, 26 de abril do 2018 – A cantora brasileira Adriana Calcanhotto ofrece esta tarde, 19.00 horas no Paraninfo da USC,  unha conferencia na na véspera do seu concerto en Compostela.

Foto: Leo Aversa

Adriana Calcanhotto será presentada no Paraninfo pola profesora Carmen Villarino. A cantante dará unha carla baixo o título Canção de amor cantar eu vim. Esta cantora e compositora foi nomeada Embaixadora da Língua Portuguesa pola Universidade de Coimbra en 2015 e ten desenvolvido un traballo de divulgación e estudo da literatura portuguesa en varias universidades europeas e brasileiras. Nos últimos tempos, a artista realizou unha longa estadía académica nesta universidade.

Concerto o 27 de abril no Auditorio de Galicia

Santiago de Compostela será a cuarta cidade que acolla o novo espectáculo da brasileira Adriana Calcanhotto (Porto Alegre, 1965), “A Mulher do Pau-Brasil”. Será este venres 27 de abril no Auditorio de Galicia ás 20.30 horas nun concerto que forma parte da programación do Concello de Santiago.

Este espectáculo foi estreado en Lisboa o 10 de marzo, para logo comezar a súa xira nos Azores, continuar no Porto e seguir en Compostela. Nestes concertos, Adriana Calcanhotto será acompañada por Gabriel Muzak (guitarra, mpc e voz), e Ricardo Dias Gomes (piano, baixo e voz).

Inspirada polo movemento modernista brasileiro dos anos 20, no seu “Manifesto da Poesia Pau-Brasil”, a súa influencia sobre o Tropicalismo, e con base na aprendizaxe, pesquisa e traballos desenvolvidos como profesora e Embaixadora da Universidade de Coimbra, Adriana Calcanhotto creou un novo espectáculo, no que reflicte todas estas novas experiencias.

Entre febreiro e xuño de 2017, a convite da Universidade de Coimbra, ofreceu clases sobre poesía portuguesa e brasileira, trobadores provenzais, galegos, a invención da lingua portuguesa e a canción popular do Brasil, a par de varios workshops integrados nunha residencia artística.

Adriana Calcanhotto

Adriana Calcanhotto iniciou a súa traxectoria artística a mediados dos anos 80 nos bares da súa cidade natal, Porto Alegre. Logo de destacar no circuíto máis vangardista de São Paulo, acadou grande repercusión cando foi convidada para cantar no Rio de Janeiro en 1989, o que a levou a publicar o seu primeiro disco, “Enguiço” (1990).

O álbum seguinte, “Senhas” (1992), foi o primeiro concebido e producido totalmente pola cantora. Logo publicaría “A Fábrica do Poema” (1994), que foi considerado pola prensa “o disco do ano”, no que estableceu parcerias con poetas e compositores como Waly Salomão, Péricles Cavalcanti, Cid Campos e Arnaldo Antunes.

Ao longo da súa carreira colaborou cos máis grandes artistas brasileiros, como Caetano Veloso e foi interpretada por grandes como Gal Costa, Ney Matogrosso, ou Marisa Monte, entre outros. En 2016 Maria Bethânia grava “Era pra ser”, escrita por Adriana especialmente para a cantora.

En 2004 xorde o heterónimo infantil Adriana Partimpim, que estreou en disco homónimo e se convertiu nun espectáculo teatral. Este proxecto recibiu o Grammy Latino na cateogría de mellor álbum infantil. Logo gravaría dous discos máis de estudo para crianzas.

Calcanhotto sempre foi unha artista total, cunha forte ligazón coas artes visuais e coa poesía. Asinou as ilustracións de “O Poeta Aprendiz” (2003), de Vinicius de Moraes e Toquinho, e “Melchior, o Mais Melhor” (2011), de Vik Muniz.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies