займ срочно

O conflito dos ex conductores ao aeroporto chega ao pleno de Santiago

0

Compostela, 29 de xaneiro do 2021 – O persoal non subrogado da liña do aeroporto de Santiago reclama, no pleno municipal de Santiago, recuperar os seus postos de traballo.

Os afectados concentráronse ás portas do Pazo de Raxoi, na Praza do Obradoiro, coincidindo coa celebración do pleno municipal, para demandar unha solución para o persoal da liña de transporte do aeroporto.

David Rouco, un dos 8 condutores afectados, interveu no pleno en representación de todo o colectivo onde apuntou ao concello como “único responsable desta desfeita polas súas sucesivas decisións políticas” e demandou que se acorde “unha vía inmediata que garanta un servizo de calidade e a nosa continuidade nos postos de traballo”.

Na súa intervención Rouco lembrou como, da noite para mañá, este grupo de traballadores quedou “sen traballo e sen sustento”, xa que “nin sequera podemos cobrar o desemprego porque a que era a nosa empresa aínda hoxe se nega a entregarnos a documentación para tramitar as prestacións”.

Lembrou que no ano 2018 o Concello de Santiago decidiu solicitar a xestión da liña Santiago-Aeroporto, até ese momento de competencia autonómica, e que a Consellería accedeu. “Foi unha decisión entre administracións na que non entramos”, dixo. “Supoñemos que se querería dar un mellor servizo aos veciños e veciñas e usuarios do aeroporto, pero non entendemos porque iso nos custou perder o noso medio de vida precisamente neste momento tan complicado”.

O representante do colectivo explicou ademais que o Concello de Santiago, ao asumir a responsabilidade da xestión desta liña e, polo tanto, tamén da continuidade dos contratos de traballo, “tiña que incluíla no novo prego de condicións do concurso do transporte urbano”, pero que “en todo este tempo, aínda non foi quen de realizar a súa licitación pública”.

Rouco lembrou tamén que o propio alcalde recoñecera públicamente, en xuño de 2019, que se recibira unha comunicación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade na que se informaba, entre outras cousas, da obrigatoriedade da subrogación do persoal. Xunto a isto asegurou que “entre xaneiro e febreiro de 2020 da propia xerencia de TUSSA se realizaron xestións cos sindicatos e máis persoalmente cos propios traballadores para coñecer quen éramos os condutores, porque a empresa non facilitara aínda os listados”.

Por iso considerou que agora o concello non pode dicir que foi algo “co que non se contaba xa que todo o mundo sabía que nos pregos do novo Plan de Transportes da Consellería xa non ía estar contemplada a nosa liña -non podía contemplarse porque agora era de xestión municipal- nin os nosos postos de traballo”.

Unha posible resolución nos xulgados

Toda a oposición, PP, Compostela Aberta e BNG, apoiaron as reivindicacións dos traballadores e emprazaron ao concello a buscar solucións. Desde o equipo de goberno apelouse a necesidade de tomar decisións legais e considerouse que a prioridade era dar o servizo.

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, nunha última intervención explicou que o conflito tería posiblemente que continuar pola vía xudicial e engadiu que en realidade o problema non eran os condutores se non a lista de empregados entregada pola empresa Freire e que resulta imposible de asumir

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies