займ срочно

Conflito laboral na empresa que presta o Servizo de Atención a Domicilio de Vedra

0

Vedra, 13 de abril do 2019 – Os traballadores da empresa que atende o Servizo de Atención a Domicilio, SAD, de Vedra decidiu na última asemblea iniciar mobilizacións polos incumprimentos do convenio.

As traballadoras de Atención a Domicilio de Vedra levan varios meses esixíndolle á empresa (Atendo) o cumprimento do convenio. Estas demandas foron ignoradas de xeito reiterado o que significa para Comisións Obreiras “un enriquecemento ilícito á custa do persoal”.

Tanto a delegada de persoal como unha das afiliadas ao sindicato reuníronse co alcalde, Carlos Martínez Carrillo, co fin de que se regulara a situación. A partir de este encontro a empresa comezou a atender cuestións como a formación do persoal, a entrega de roupa de traballo,  recoñecementos médicos e actualizou os salarios segundo o IPC, todas cuestións que xa estaban recollidas no convenio pero que non se viñan atendendo.

Ao mesmo tempo CCOO seguíu debatendo e negociando coa empresa a confección de nóminas do persoal, ao entender o sindicato que había diferenzas. Durante un proceso de negociación, que as partes consideraban de boa fe, a empresa comunica o despedimento disciplinario dunha afiliada de CCOO, recoñecendo a improcedencia.

Ante este contexto, o persoal, por unanimidade, acordou iniciar mobilizacións para esixir a readmisión desta traballadora e esixir o cumprimento íntegro do convenio. Paralelamente, CCOO iniciará as accións que correspondan perante as Administracións competentes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies