O I Congreso Internacional de Criminalística Aplicada celebrarase en Noia

0

Noia, 28 de setembro do 2018 – Noia acollerá do 19 ao 21 de outubro o I Congreso Internacional de Criminalística Aplicada, que reunirá ás máis destacadas figuras en investigación criminal do mundo académico, cultural, xurídico, xornalístico, pericial, policial, militar e forense.

O I Congreso Internacional de Criminalística Aplicada  é unha iniciativa incluída dentro dos actos do 850 aniversario da vila e foi presentado polo alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón e a concelleira de Seguridade Cidadá, Mariola López, que estiveron acompañados polo director do Centro de formación do Instituto Internacional de Criminalística Aplicada (INICA) e do Gabinete Pericial de Inpeval, Luis Alamancos Pampín, e polo xefe do Departamento de Toxicoloxía e Medicina Legal e Forense de INICA, Antonio Busto Cuíñas.

Santiago Freire Abeijón amosou a súa “satisfacción por ter en Noia un congreso destas características, con poñentes de primeiro nivel e que van aportar moitos detalles sobre diversos aspectos da investigación criminalística e forense”. Esta cita supón “unha excelente oportunidade para dar a coñecer o noso municipio e agardo que sexa todo un éxito”, afirmou. Ao mesmo tempo, invitou á veciñanza e visitantes a asistir ao I Congreso Internacional de Criminalística Aplicada, que se desenvolverá tanto no Coliseo Noela coma na Sociedade Liceo de Noia, entidade á que agradeceu “a súa colaboración para o desenvolvemento desta iniciativa”.

Pola súa banda, Luis Alamancos adiantou que “máis dun cento de persoas amosaron o seu interese por asistiren a este congreso, que será moi dinámico e que vai situar a Noia como referente do sector no panorama nacional”. Non en van, acudirán á cita profesionais procedentes de lugares como Andalucía, País Vasco ou Madrid, así como de distintos puntos da comunidade autónoma.

Apertura coa Entrega de Medallas

Antonio Busto realizou un breve repaso ao programa deste I Congreso Internacional de Criminalística Aplicada. Dará comezo o venres 19 de outubro ás 20.00 horas no Coliseo Noela co acto de apertura oficial e a solemne entrega de Medallas ao Mérito Profesional e Académico. Entre as persoas e entidades galardoadas atópase a Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva (ASPOH), ademais de integrantes dos corpos e forzas de seguridade e da xudicatura ou académicos, todos eles con perfís profesionais sobresaíntes.

A xornada do sábado 20 de outubro será a máis completa, cun total de 7 conferencias sobre diversos aspectos da Criminalística Aplicada. Todas elas desenvolveranse nas instalacións da Sociedade Liceo de Noia en horario de 09.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.30 horas. As últimas intervencións realizaranse neste mesmo emplazamento durante a mañá do domingo 21 de outubro.

O alcalde noiés lembrou que a asistencia ás actividades é de balde, ata completar aforo. Polo tanto, “calquera persoa que teña interese neste eido, conta cunha oportunidade única para escoitar a profesionais moi salientables”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial