займ срочно

O Museo Centro Gaias acolle desde o hoxe o segundo congreso FP Innova

0

Compostela, 10 de maio do 2017 –  O II congreso FP Innova Galicia arrinca coa exhibición de 40 proxectos innovadores, nos que participaron 23 centros educativos e 30 empresas.

Equipo do IES de Ordes que o ano pasado levou un dos premios Innova e que agora o presentan en este congreso

FP Innova 2017 reunirá, ao longo de tres días e nun único recinto –o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura– a un total de 250 alumnos, que darán a coñecer, a través de actividades demostrativas, os 32 proxectos que desenvolveron na aula, así como as 8 miniempresas creadas ao abeiro do programa Eduemprende.

O evento, que inaugura o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, estenderase ata o venres e contará con dúas partes diferenciadas. Por un lado, a área expositiva dos proxectos de innovación e, por outro, a parte dedicada a congreso, á que asistirán arredor de 300 docentes. Neste contexto, cómpre destacar que as diferentes charlas e mesas redondas programadas contarán coa participación de empresas de relevancia como Navantia, Gas Natural Fenosa, Paradores ou Estrella Galicia, entre outras.

Participación de catro comunidades

Ademais, tamén se prevé a presenza da directora xeral de Formación Profesional do Ministerio, así como de varios responsables institucionais de comunidades autónomas –Castela e León, País Vasco, Murcia e Comunidade Valenciana–, que tratarán a relevancia dos CIFP en España. Nas mesas redondas tamén se contará coa participación da directora de programas da axencia Brainport Development, N.V. dos Países Baixos, Yvonne van Hest; así como do delegado rexional do Instituto de Emprego e Formação Profissional da Região Norte de Portugal, António Leite.

Así mesmo, e na parte propiamente de congreso, FP Innova organizará un total de 19 talleres de innovación vinculados cos proxectos expositivos entre a tarde do mércores e a do xoves. O programa completo pode consultarse no seguinte enlace http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/7105.

En canto á información da feira en xeral, está toda cargada na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp/congreso-fp-innova/congreso. Tamén está dispoñible unha aplicación móbil, tanto para Android como para IOS, e aberta ao público xeral, co fin de que a sociedade coñeza de preto o alto nivel dos traballos que desenvolve o alumnado de FP.

Da bisbarra de Compostela en FP Innova participan os seguintes centros:

Centro educativo Traballo de innovación
CIFP Politécnico de Santiago Seis proxectos:

Vivenda domótica

Estudo de imaxe e son

Cúpula xeodésica en madeira

Mesa de centro de deseño e banco axustable

Detección de especies en alimentos prefabricados mediante PCR en tempo real

Telecontrol dun centro de transformación didáctico integrado nunha rede eléctrica intelixente

 

CIFP Compostela (Santiago) Elaboración de produtos cárnicos de calidade de maior valor engadido

 

IES Nº1 de Ordes Montaxe dun motor diésel sobre unha estrutura para a realización de prácticas de diagnose e simulación de avarías

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies