A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitou Touro

0

Touro, 19 de xullo do 2017 – A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, insistiu no Concello de Touro na importancia que ten a implicación dos concellos na loita contra os lumes forestais, non só para asegurar a limpeza das faixas de xestión, senón tamén pola súa colaboración no operativo contra os incendios.

Ángeles Vázquez, visitou un novo depósito de auga do concello.

Ángeles Vázquez fixo estas declaracións nunha visita ao concello de Touro, que construíu con fondos propios e con persoal do plan de emprego da Xunta un punto de auga para abastecer aos medios do operativo antiincendios e que ademais é apto para helicópteros.

“Quero agradecer ao alcalde o seu compromiso porque entendeu que nesta loita todos temos responsabilidades e debemos situarnos do mesmo lado”, declarou a titular de Medio Rural.

Neste sentido, a portavoz autonómica lembrou que a Consellería do Medio Rural leva construídos nos últimos cinco anos un total de 412 novos puntos de auga en distintas zonas de Galicia co obxectivo de reforzar e mellorar estas instalacións. En total, a comunidade conta con 5.919 depósitos nos 19 distritos forestais. Ata 1.696 na provincia da Coruña, 1.496 en Lugo, 1.447 en Ourense e 1.274 en Pontevedra. Do total, 789 son aptos para medios aéreos.

No que se refire ao compromiso do municipio, cómpre destacar tamén o bando que publicou o Concello para lembrar aos veciños as normas e distancias para a xestión da vexetación preto das vivendas e estradas co fin de reducir os posibles riscos en caso de incendio forestal. Este anuncio foi publicado tanto na web como nas redes sociais do municipio.

IXP Castaña

A conselleira de Medio Rural aproveitou a visita para tratar outras cuestións que afectan a Touro, como a súa posible incorporación á Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia, xa plantexada polo alcalde de Touro na anterior visita da conselleira ao Concello no 2016. En concreto, o alcalde, Ignacio Codesido, mostrouse interesado en modificar o ámbito xeográfico da IXP, xa que este municipio queda fóra pero limita coa zona amparada. Neste sentido, a conselleira comprometeuse a que técnicos do Consello Regulador visiten a zona en outono para valorar a modificación do prego regulador deste selo de calidade. “É viable incorporar a Touro na IXP xa que o Concello limita con outros que si están na IXP, Touro conta tamén con plantacións de castiñeiros e historicamente o castiñeiro e a castaña teñen moita relevancia neste territorio”, apuntou Ánxeles Vázquez. Os técnicos do Consello Regulador visitaran o Concello no outono para iniciar os trámites e poder así incluir a Touro na IXP.

Parcelarias

No encontro que mantiveron ambos portavoces, tamén tratáronse os avances das reestruturacións parcelarias no municipio. Neste sentido, Ángeles Vázquez sinalou que en breve se procederá á entrega de títulos en San Xoán de Touro e San Fiz Quión. O alcalde agradeceu as xestións da Consellería de Medio Rural para axilizar as concentracións parcelarias en Touro. E nun encontró que a conselleira mantivo na sede do Concello co alcalde e con outros membros da corporación, Ignacio Codesido pediulle o inicio doutros procesos de concentración noutras parroquias de Touro. Das 19 parroquias do Concello, aínda non se acometeu a concentración en 8 parroquias. “Solicitamos a posibilidade de ir avanzando en novas concentracións”, dixo Ignacio Codesido. Ánxeles Vázquez comprometeuse a avanzar neste senso e poder iniciar nos próximos meses novos procesos en algunha parroquia de Touro. A parroquia de Fao sería unha das próximas en acometer a concentración. E existe a posibilidade a que se sume a ese proceso algunha outra para que a área afectada esté arredor das 1.200 hectáreas. Ignacio Codesido agradeceu a “receptividade” e a “axilidade” nos procesos.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies