Este xoves comeza a Rapa das Bestas de Sabucedo

0

A Estrada, 3 de xullo do 2019 – O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou na presentación da edición 2019 da Rapa das Bestas de Sabucedo que comeza este xoves na localidade estradense.

A Rapa das Bestas foi declarada no ano 2007 Festa de Interese Turístico Internacional e atrae cada ao a milleiros de persoas a Sabucedo. As actividades de esta edición comezarán este xoves, 4 de xullo, e prolongaranse ata o día 8. Ao longo destas catro xornadas realizaranse tres curros, onde os aloitadores se enfrontarán ás bestas co fin de sanealas para despois devolvelas de novo ao monte.

Acompañado pola directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, polo alcalde da Estrada, José López, e polo presidente da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, Xosé Henrique Bazal Bouzas, o conselleiro salientou que este acontecemento é “máis que unha festa”, posto que se trata dunha demostración de respecto cara os animais e o monte, dunha xuntanza interxeracional e interpoboacional e dunha exaltación desta tradición ancestral.

Trátase, ademais, dun acontecemento secular, pois as referencias máis antigas sitúano no século XVI, aínda que a primeira Rapa da que se ten constancia data do século XVIII. Ao longo destes anos, esta celebración converteuse en parte da identidade dos galegos.

Román Rodríguez destacou o apoio da Consellería de Cultura e Turismo, que este ano achega á celebración 40.000 euros e recoñeceu o labor da Asociación por protexer os valores culturais da celebración e por seguir difundindo a festa no resto de España e no estranxeiro. Deste xeito, instou a conservar a esencia destas manifestacións de fonda raíz cultural e histórica, compaxinando a promoción do evento coa conservación dos seus valores.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial