Lousame e a Consellería e Educación asinarán un convenio para substituir a cuberta do polideportivo Pilar Barreiro Senra

0

Lousame, 31 de outubro do 2018 – A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou o CPI Cernadas de Castro (Lousame) onde anunciou a próxima sinatura dun convenio de colaboración co Concello para a substitución da a cuberta do polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra, empregado pola comunidade escolar.

Nunha visita ao CPI Cernadas de Castro responsables do seu departamento, na que estivo acompañada pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e pola concelleira de Ensino, Silvia Agrafojo, Pomar explicou que o convenio “está a punto de pecharse” e destacou que a obra permitirá unha considerable mellora das condicións para a práctica de exercicio físico por parte do alumnado.

Pola súa banda, a alcaldesa lousamiá agradeceu a atención da Consellería ao atender as peticións do Concello e do conxunto da comunidade escolar, amosando a súa satisfacción pola confirmación por parte da conselleira dun investimento tan necesario. Villaverde agarda que o proxecto poida licitarse a principios do vindeiro ano 2019.

Carmen Pomar sinalou que esta nova obra sumarase a outras melloras de infraestruturas acometidas nos últimos anos no que é o único centro escolar de Lousame, con máis de 300 alumnos de infantil, primaria e ESO. Son destacables a substitución da cuberta do centro e a construción dunha nova cuberta exterior. En total, as obras efectuadas no colexio suman 340.000 euros.

Referente na incorporación de programas educativos

A conselleira de Educación considera o CPI Cernadas de Castro un referente na incorporación de programas educativos impulsados desde a Consellería. O centro implanta por primeira vez este ano o programa E-dixgal, de educación dixital, para 5º curso de primaria. Ademais é centro plurilingüe desde o curso 2016-17 (para o cal conta cun auxiliar de conversa) en ESO e dispón dunha sección bilingüe.

Cómpre salientar tamén a súa participación noutros proxectos impulsados pola Consellaría e xa consolidados, como o Plambe (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) e os Clubs de Lectura, a través dos cales se trata de implicar o conxunto da comunidade educativa. Estas iniciativas xogan un papel esencial no afianzamento do hábito lector e na aprendizaxe de competencias clave. Son, ademais, espazos de convivencia e de desenvolvemento de habilidades sociais e comunicativas.

Así mesmo, a través dos contratos-programa, o CEIP de Lousame está a realizar accións específicas en liñas como a mellora das competencias clave, da convivencia, da promoción da igualdade nos centros e do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

Outro dos aspectos máis salientables é a participación nos Plans de Formación Permanente do Profesorado (PFPP). Así, co proxecto específico sobre “Escola inclusiva e atención á diversidade” traballáronse técnicas de aprendizaxe cooperativa co fin de mellorar a coordinación docente.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial