O Consello Escolar de Ames incrementa a polémica sobre a falta de prazas nos comedores escolares

0

Ames, 17 de maio do 2018 – Lonxe de servir para solucionar o problema de falta de prazas nos comedores escolares de Ames o Consello Escolar Municipal abriu máis o enfrontamento entre o concelleiro David Santomil e os país e a oposición.

O Consello reuniuse este martes de xeito extraordinario para tratar a modificación do regulamento dos programas de conciliación pero o conflito dos comedores escolares era o protagonista da reunión. Según un comunicado de Ames Novo ” o Concelleiro de Educación negouse a estudar ningún tipo de medida extraordinaria ou provisoria que permita atender as 80 solicitudes que quedarán sen o servizo de acordo coa listaxe provisional. Despois de máis de dúas horas e media do Consello Escolar Municipal de Ames, celebrado na tarde de onte, non só non se adoptou ningún acordo senón que o Concelleiro David Santomil, responsable de Educación, rexeitou

sequera estudar calquera medida que poida posibilitar que as nenas e nenos que exceden as 1.254 prazas ofertadas polo concello sexan atendidas”.

A súa vez o comunicado remitido desde o goberno municipal fai fincapé en que a publicación das listas de admitidos faise antes e en que a lista de agarda e menor a que existía en setembro, en palabras de Santomil ” este ano adiantamos a publicación das listas provisionais de admitidos e excluídos nos comedores escolares. Por primeira vez saen a mediados do mes de maio. Ademais, chegamos ao número máximo de prazas do servizo de comedores escolares que está establecida en 1.254 prazas. Deste xeito, incrementamos en 50 o número de prazas neste servizo respecto ao curso 2017-2018 e en máis de 200 o número de prazas dende o ano 2015. A lista de agarda que hai para o próximo curso escolar é menor á que había en setembro de 2017, ao inicio do actual curso escolar, ao optimizarse as prazas de traslados e usuarios/as ocasionais en consenso coa comunidade educativa”.

80 familias poderían quedar sen praza nos comedores escolares de Ames. As ANPAS do concello teñen aberta unha recollida de firmas que esta cerca de alcanzar as mil, con ela demandan que ningún neno quede sen comedor.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies